- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 29 Xaneiro 2013 29 Xaneiro 2013

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 2-0 BETANZOS
Nova victoria que nos aupa ata a oitava preza da clasificación, nun partido no que dominamos ao rival de principio a fin. O partido púxosenos de cara cando a media hora de xogo, un central do Betenzos facía un claro penalti sobre Padín o que supuxo o noso primeiro gol e a expulsión do rival que nin protestou debido a claridade do penalti cometido. Álex Castro transformaría a pena máxima. A partir de ahí, non pasamos apuros e dominamos por completo a un rival que non nos creou ningunha ocasión e que sufría moito an cada acción atacante nosa. Capelo que xogou de dianteiro porque o noso goleador Nacho estaba sancionado, marcou o segundo e definitivo. Tres puntiños máis que nos dan moral para afrontar a próxima saida que será ante o filial do Deportivo, xogaremos contra o Deportivo B en Abegondo o vindeiro sábado ás 17:50.
PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 1-2 UNIÓN
Derrota do Camariñas no último partido no que Pepucho se sentaría no banco camariñán no que dous erros clamorosos do Camariñas cando estaba sacando dous corners a favor, remataron en dous goles para os visitantes, que supuxeron a derrota para un Camariñas que ata ese momento gañaba por un gol a cero, gol marcado por De la Sierra ao transformar un claro penalti sinalado ao inicio do encontro polo colexiado.
Pero a noticia está na destitución de Pepucho, un adestrador que levou ao Camariñas ao ascenso, e que recibía a noticia da súa decisión a través da xunta directiva comandada por Luis Rodríguez. Un Luis que sempre estaba comentando o difícil que é xuntar cartos para pagar a xogadores e adestrador, e resulta que agora o sustituto de Pepucho será Berto que virá acompañado dun axudante, antes non había cartos para un (a Pepucho débenlle ainda dous meses do ano pasado e esperemos que llos paguen) e agora hay para dous e xogadores, e o soldo que cobraba Pepucho era pouco e non da para o que vai vir encima. Esta situación un tanto contradictoria non é entendible, espero que non aparezcan problemas de cobros e demais historias nas próximas semanas, xa que o presupuesto a partir de agora penso que vai ser superior, igual me equivoco, pero non o creo. Ao final, os rumores e demais runs runs convertíronse en realidade, sempre había dimes e diretes por parte das persoas interesadas para desestabilizar, metendo cizaña cada vez que había oportunidade e facendo comentarios por distintos sitios falando mal sempre, nun Camariñas que si é certo que non estaba obtendo resultados positivos, pero o traballo de Pepucho ahí estaba, a pesar dos problemas para facer os entrenos e das distintas trabas que sempre aparecían.
As cousas veranse de aquí a final de tempada, pero todos nos coñecemos e todos sabemos quenes somos, uns e outros, e ao final o tempo poñe a cada un no seu sitio. Dende aquí desexarlle toda a sorte do mundo a Pepucho como gran amigo que é e como boa xente que é, esperando que pronto consiga un equipo que verdadeiramente valore o seu traballo, porque non hai peor cousa que estar traballando nun sitio onde non vale nada do que fagas e no que sempre esté cuestionado o teu traballo. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Padrón ante o Flavia.
TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 3-0 XAVIÑA
Victoria do Camelle de Pupus ante o Xaviña de Pirucho nun partidazo xogado de poder a poder no que o conxunto Xaviñán lle prantou cara ao Camelle sobre todo na primeira metade. Todo cambiaría tras o descanso, o Camelle avanzou liñas e foi a por todas. Así chagaría o primeiro gol do Camelle logrado por Jose cunha fermosa vaselina ao Moro.
O Xaviña quedábase sen gasolina e via como o Camelle lograba dous goles máis, obra de Barreiro e Varu, que deixaban o marcador final no tres a cero definitivo. Segue o Camelle firme na terceira posición da táboa a espera de que Independiente de Carballo e Porteño tropecen para estar ahí ao acecho. A próxima xornada o Camelle xoga en Cerqueda e o Xaviña recibe ao Castrelo.
PORTEÑO (DESCANSOU)
Xogará o Porteño a vindeira xornada como visitante ante o Soneira B.
COPA DA COSTA XUVENIL
CAMARIÑAS 9-1 MUXÍA
Goleada do Camariñas de Andrés que está demostrando que teñen mellor equipo que do que demostraron na liga. Partidazo e goleada endosada a un Muxía que veu como os Camariñáns lles pasaban por enriba. Os goles foron obra de Javi que meteu catro, Carlos de Camelle dous, juan de Arou, Martín Méndez e de David. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Outes.
LIGA CADETE
PORTEÑO 1-4 CEE
Derrota do Porteño de Ordóñez que lle prantou cara ao todopoderoso Cee a pesar do que indica o resultado. Sairon sen complexos os da Ponte do Porto pero non obtiveron premio ante a maior pegada do conxunto Ceense. A vindeira xornada o Porteño xoga en Muros.
LIGA INFANTIL
CABANA 2-3 AS BALEAS
Victoria apurada das Baleas de Vi ante un Cabana que lle puxo as cousas moi difíciles nun partido no que finalmente a maior calidade dos Camariñas foi clave para gañar o partido a un equipo que estaba por diante na táboa clasificatoria. Tres puntos e a moral polas nubes para uns rapaces que están a facer unha gran tempada. A próxima xornada As Baleas recibe ao Fisterra.
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-3 CORISTANCO
Derrota do Camariñas ante o Coristanco nun partido onde os visitantes foron mellores. Non fixeron un bo partido os Camariñáns e iso pagárono. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Castriz.
SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 1-0 CORCOESTO
Victoria do Camelle que gañou pola mínima a un Corcoesto que estaba terceiro na táboa clasificatoria e que lle puxo as cousas moi difíciles. Bó partido do Camelle que se empregou a fondo, dominou e tivo ocasións, e que se levou tres puntos importantes cun gol marcado por Manolo tras unha boa xogada de Bruno. Está nunha boa dinámica o Camelle que ten que aproveitar. A próxima xornada o Camelle xoga en Cerqueda.
LEILOIO 2-1 PORTEÑO
Derrota do Porteño pola mínima no campo do Leiloio, nun encontro no que os da Ponte do Porto mereceron traer un resultado máis positivo. Teñen que seguir apretando o Porteño porque as victorias chegarán. A próxima xornada o Porteño xoga en Corcoesto.
BALONMÁN
FASE DE ASCENSO
POIO-ARTAI 32-28 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas de Fran Puga nun partido no que tiveron opcións ata o final. Dí o refrán que cando a cousa comeza mal, mal acaba. Así o Bus que levaba aos Camariñáns, tivo unha avaria provocando que o Camariñas chegase tarde ao partido e apenas tivo tempo para quentar. Despois a traca que liou a Federación, pois o partido xogouse cuns balóns novos que tódolos equipos tiñan dende fai dias para que adestrasen con eles menos o Camariñas, que non sabía da esistencia dos balón.
Así chegouse a xogar o encontro no que o Camariñas non xogou como é de costume pero no que se vía que tiñan posibilidades de gañar. Quizais, segundo a opinión de aficionados Camariñáns, o adestrador fixo trocos moi continuos na segunda metade que non axudaron ao equipo. Toca olvidar este encontro e centrarse no seguinte, nesta fase na que o Balonmán Camariñas ten moito que decir. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Rasoeiro.
1ª AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 20-31 SEIS DO NADAL-COIA
Derrota do Camariñas por once goles de diferencia ante un rival que demostrou ser mellor. Non están a pasar polo seu mellor momento o conxunto Camariñán e todos esperamos que as victorias cheguen de novo. A próxima xornada as nosas xogan en Narón.
LIGA XUVENIL MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 28-36 RASOEIRO O GROVE
Derrota dos xuvenís do Camariñas que o deron todo para tratar de vencer a un bo rival pero que finalmente non tiveron preimio. A mellora dos xuvenís vese partido tras partido e as victorias chegarán. A vindeira xornado os xuvenís do Camariñas xogaran como visitantes ante o SAR.
LIGA CADETE FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 22-30 CARBALLAL
Derrota das nosas cadetes ante un Carballal que estivo máis acertado no lanzamento, motivo polo cal as visitantes acadaron a victoria. Teñen que seguir traballando e mellorando porque máis cedo que tarde, as victorias chegarán. A próxima xornada as nosas tocaralles descansar.
LIGA INFANTIL FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 11-31 CARBALLAL
Derrota das nosas máis pequechas que ao igual que as cadetes, caeron ante un Carballal que demostrou todo o potencial como se pode ver no marcador final. A vindeira xornada as Camariñanas descansarán.
LIGA ALEVÍN MIXTA
Xogáronse dous partidos. Recordamos que os partidos tanto en alevíns como en infantil xóganse a catro cuartos, cada cuarto gañado vale dous puntos, polo tanto os resultados nestas categorías é polos puntos acadados.
RIBADOSAR 0-8 BALONMÁN CAMARIÑAS
Partidazo e victoria por todo o alto dos alevíns Camariñáns que arrasaron ao seu rival gañando os catro cuartos. Están os de Kin arrasando e domostranto o potencial da canteira Camariñana.
CONXO 1-7 BALONMÁN CAMARIÑAS
Non importaba o cansancio de xogar dous partidos seguidos para o Camariñas que tamén arrasou ao conxo, gañándolle 3 cuartos e empatando un. Chapeau!.
CATEGORÍA BENXAMÍN MIXTA
RIBADOSAR 5-3 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota dos máis pequechos de Kin nun partido moi apretado no que finalmente o conxunto Santiagués levouse a victoria.
CONXO 0-8 BALONMÁN CAMARIÑAS
Como un ciclón pasaron os benxamíns de Kin por enriba dun Conxo que veu como os Camariñáns lle gañaban os 4 cuartos.
Isto foi todo canto dou a xornada. Como sempre, CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte como ningunha outra, contouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos. Un saúdo a todol@s ususari@s.
