- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 22 Xaneiro 2013 22 Xaneiro 2013
TERCEIRA DIVISIÓN
VILALONGA 1-1 ORDES
Empate o que acadamos en Vilalonga que non nos deixa con algo de mal sabor de boca xa que dispuxemos de moitas ocasións, tres delas remataron pegando no longueiro da portería rival. Foi un partido que dominamos dende o principio, no que claramente fomos superiores en todo menos no máis importante, na materialización das ocasións.
Tivemos que remontar un gol nada máis comezar a segunda metad,e na que unha contra dos locais colleunos cos "pantalóns baixados" e rematou en gol. Nacho, o noso goleador, aproveitaría unha boa xogado de equipo para acadar o empate, antes de que o colexiado o expulsara inxustamente por dobre cartón amarelo, o primeiro por ir beber auga sen permiso e o segundo por simular unha falta que foi clarísima. A vindeira xornada, recibimos ao Betanzos.
PRIMEIRA REXIONAL
PONTECESO 1-1 CAMARIÑAS
Empate do Camariñas de Pepucho no derbi disputado en Ponteceso nun partido no que os Camariñáns foron mellores e nos minutos finais tiveron 2 claras ocasións para haber acadado a victoria. Comezaría perdendo o Camariñas, pero antes do descanso, De la Sierra marcaría de penalti o gol que a postre valería para traer un punto dende as terras de Pondal.
Ten que facer bon este punto o Camariñas gañando a próxima semana ao Unión no Hermanas Patiño para así sair dos postos de descenso que ocupa actualmente. Os de Pepucho saben que están nun momento importantísimo da tempada e están unidos e concienciados de que teñen que remar todos na mesma dirección,( para ir en contra xa están outros buitres que non fan máis que aproveitar cada derrota para meterse donde non lle chaman), para lograr un obxetivo que non é outro que o da salvación, que estamos seguros que o van lograr.
TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 0-0 NANTÓN
Empate do Porteño de Gerpe nun partido xogado no Hermanas Patiño nun dia marcado polo vento que impediu ver un bó partido e que influiu a hora de ver boas xogadas. Pese a todo, Bieto tivo a oportunidade de marcar para o Porteño pero o porteiro rival atallou ben o balón. Os dous equipos querían pero non podian, as condicións climatolóxicas eran moi adversas, e pese a que o intentaban unha e outra vez, ningún dos dous equipos conseguíu batir a portería rival. Segue o Porteño sen coñecer a derrota, demostrando ser un líder sólido, e no que pode facer historia na categoría. A vindeira xornada o Porteño descansará.
XAVIÑA 5-3 LIRA
Victoria do Xaviña de Pirucho ante o Lira nun partido disputado no Hermanas Patiño onde o protagonista foi o vento reinante. Pese as inclemencias metereolóxicas, o Xaviña foi claro denominador e merecedor da victoria. Felipe cun hat-trick. David e Pirucho, foron os autores dos goles do Xaviña que suma tres novos puntiños para situarse na metade da táboa clasificatoria. Excelente campaña a do Xaviña que a próxima xornada terá derbi ante o Camelle.
ALCAIÁN - CAMELLE (SUSPENDIDO)
Partido suspendido polo temporal que deixou o terreo de xogo nun estado impracticable. A vindeira xornada o Camelle recibirá ao Xaviña nun emocionante derbi.
LIGA XUVENIL. COPA.
MUROS 0-0 CAMARIÑAS OS LEÓNS
Empate do Camariñas de Andrés no primeiro partido da copa xogado en Muros nun encontro marcado polo gran temporal que asolou a Costa da Morte. Bó comezo do Camariñas que nesta copa pode facer un papel mais digno do que fixo na liga. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Muxía.
LIGA CADETE
ZAS 3-3 PORTEÑO
Empate a tres tantos do Porteño de Ordóñez nun partido ao igual que vimos falando ao longo desta xornada, marcado polo temporal que non impedíu que se viran moitos goles. Foi un partido de toma e daca, onde as dianteiras impuxéronse aos defensas e que finalmente rematou en táboas. Un punto máis para o Porteño que o sitúa no oitavo posto da clasificación. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Cee.
LIGA INFANTIL
OUTES (SUSPENDIDO) AS BALEAS
Partido que non se xogou debido ao temporal. A próxima xornada, As Baleas xogan en Cabana.
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
NANTÓN 0-1 CAMARIÑAS
Victoria importantísima do Camariñas que venceu por un solitario gol ao Nantón que o sitúa na loita para salvarse. Con estes tres puntos, o Camariñas empata a puntos có Nantón e todo parece indicar que ámbolos conxuntos loitarán por non descender. A vindeira xornada, o Camariñas recibe ao Coristanco.
SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 1-1 CAMELLE
Derbi que se xogou no Hermanas Patiño que finalmente rematou con reparto de puntos entre uns e outros xa que o marcador foi de empate a un gol. Partido moi disputado e entretido, no que tanto o Porteño como o Camelle, trataban de atacar a portería rival pero sen demasiado acerto a hora de finalizar as xogadas. Reparto de puntos e todos contentos tras esta xornada marcada polas inclemencias metereolóxicas. A próxima xorda o Porteño xoga en Leiloio e o Camelle recibe ao Alcaián.
BALONMÁN.
FASE DE ASCENSO.
BALONMÁN CAMARIÑAS 28-23 VIÑA COSTEIRA
Primeira victoria dos de Fran Puga nesta fase de ascenso na que derrotaron a un bó equipo como é o Viña Costeira. Non está xogando ao mesmo nivel que na primeira fase o conxunto Camariñán que neste partido custoulle entrar no partido, tardou en engrasar a maquinaría, pero finalmente os trocos para refrescar o equipo deron o seu froito para acadar a victoria. A vindeira xornada, os Camariñáns viaxarán a terras Pontevedresas para enfrontarse ao Atai-Poio. Seguro que nos van traer a segunda victoria desta fase.
1ª AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CASELAS - BALONMÁN CAMARIÑAS (SUSPENDIDO)
Partido que quedou aprazado e que se xogará nunha nova data. A próxima xornada as Camariñanas reciben ao Seis de Nadal-Coia.
LIGA XUVENIL MASCULINA
Descansou o Balonmán Camariñas que a vindeira xornada reciben ao Balonmán Rasoeiro.
LIGA CADETE FEMENINA
LAVADORES 32-21 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das cadetes Camariñanas nun portido onde non estiveron a un bó nivel e donde as locais foron moi superiores como así o demostra o marcador final. A próxima xornada as nosas reciben ao Carballal.
LIGA INFANTIL FEMENINA
LAVADORES 34-10 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota clara e contundente das infantís Camariñas que caeron por goleada na cancha das líderes. Pouco puideron facer as Camariñanas ante un conxunto moi superior. A vindeira xornada as Camariñanas reciben ao Carballal. En canto as categorías máis pequenas, benxamín e alevín, a xornada suspendeuse polo temporal.
Ata aquí todo canto dou a xornada. Como sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos. Hoxe queremos mandar un saúdo especial a outro gran amigo, a Claudio Pasantes e familia que están por terras Barcelonesas e son uns seguidores nosos.
Comentarios
Sr Realidad ocúpese de sus problemas y no salga a defender a un impresentable y la malicia ciega los ojos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.