- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 18 Xaneiro 2013 18 Xaneiro 2013
Semanas estas últimas de trafegos constantes para o redactor xefe dos deportes de Camarinas.eu que truxeron como consecuencia inevitable unha pequena paralización na crónica deportiva máis completa, documentada e leída da Costa da Morte. Con todo Juan Manuel Cabrejo Pasantes, non quería deixar aos seus numerosos lectores sin estar ao tanto da actualidade deportiva do concello e así, impoñéndose á adversidade, remite a esta redacción unha mini crónica ca que non perder comba da evolución competitiva dos nosos clubs.
Un parón momentáneo provocado polo inevitable parón navideño e, sobre todo, pola pequena recaída nas súas dolencias por parte de Juan do Penedo que motivaron por precaución o seu ingreso no Hospital Universitario da Coruña e que conlevaron que o Mago de Corea ande dividido entre a suplencia nas labores hosteleiras do seu pai e os constantes vaixes ata o complexo hospitalario coruñés para facer máis amena a estancia médica do seu proxenitor. Con todo, anuncia Juanillo que tan pronto o permitan as circusntancias retomará as súas habituais e sabias labouras xornalísticas e continuará cada semana publicando a sección máis antiga de Camarinas.eu. Pero o principal, por enriba de todo e que Juan do Penedo se recupere satisfactoriamente e poidamos ver de volta no Café Bar Arnela ao frente da súa hinchada, muchedumbre multitudinaria e chiquitera da que os redactores que o presenten subscriben se definen como os seus máis fieles e devotos hooligans. ¡Ánimo e forza Juan, queremos verche de volta canto antes!
RESULTADOS DEPORTIVOS
Terceira División
Ordes 2-1 Ferrol
Segunda Rexional
Camariñas 0-3 Noya
Terceira Rexional
Camelle 0-3 Laxe
Ameixenda 0-2 Porteño
Ind. Carballo 8-0 Xaviña
Xuveniles
Camariñas Os Leons 5-2 Corme
Cadetes
Porteño 1-3 Esteirana
Infantiles
Baleas 2-9 Esteirana
Veteranos
Primeira División
Camariñas 0-1 Ponteceso
Segunda División
Leilollo 1-1 Camelle
Dep. Carballo 1-2 Porteño
Balonman Masculino
Fase Ascenso
S.A.R. 26-10 CB Camariñas
Alevins
CB Camariñas 2-2 Xiria
Benxamins
CB Camariñas 0-4 Xiria (o resultado é por cuartos, hai 4 cuartos)
Balonman Femenino
Primeira Autonómica
CB Camariñas 15-33 Chapela
Comentarios
Un afectuoso saúdo.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.