1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este martes pasado saía a cuarta entrega do programa “Eu Son Camariñas” tendo como protagonista a Evaristo Antelo López “Ito” armador e patrón da súa propia embarcación, o buque “Apostol”.

O “Eu son Camariñas” é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.

Nesta ocasión o protagonista é Evaristo Antelo López, ‘Ito’, que reivindica os esforzos que están a facer os traballadores do mar por manter a dignidade da súa profesión e conversa sobre o presente e o futuro desta. ‘Ito’ estudou Mariña Civil «Sección Ponte» na UDC. Tras rematar a licenciatura enrolouse na mariña mercante na cal traballaría durante anos antes de volver a súa vila natal, Camariñas. Aquí faise cargo da súa propia embarcación cos cargos de patrón e armador. Máis de 10 anos de experiencia dende a ponte de mando aválano como unha das voces máis respectadas da zona a hora de falar da pesca.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.