- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 04 Xaneiro 2013 04 Xaneiro 2013

A maquinaria futbolística municipal non pode estar parada e por elo dúas das principais institucións deportivas do noso Concello, o FC Camariñas e o FC Xaviña, decidiron amenizar balompédicamente a chegada dos Reis Magos a estas terras, amén de desputar un interesante partidiño co cal manter a forma física tralos inevitables excesos navideños. Para elo dúas das maiores sabidurías futbolísticas que viron nunca os terreos de xogo da Costa da Morte, os nosos queridos amigos Vicente Carril e Isaac Caamaño, aunaron esforzos e confrontaranse amistosamente ao timón dos seus acorazados balompédicos sobre o tapete impecable do Hermanas Patiño este sábado 5 de xaneiro ás 16:00 horas.
Máis ou menos, como decíamos, nese mesmo intre no que tres monarcas orientais cargados de regalos e ilusión para os nosos cativos descendan pola Virxe do Monte a lomos dos seus arábigos camellos. Un enfrontamento fraternal que como é habitual contou ca colaboración desinteresada de Camarinas.eu na confección do cartel anunciador e na patrocinio xornalístico do mesmo. Achegando esforzos entre todos para facer un concello mellor, que deso ao fin e ao cabo é o que anima os desvelos diarios das tres institucións unidas ao redor deste ilusionante proxecto.


Comentarios
que ponga su nombre ,simplemente para saber si hay diez,ya tiene cuatro solo le faltan seis,deje refugiarse en locuras mentales,sea un hombre,eso que nunca sera por mucho intento posible,no esta hecha la miel para la boca del cerdo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.