- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 01 Xaneiro 2013 01 Xaneiro 2013
Dentro da variada oferta deportiva que ven caracterizando ao Concello de Camariñas durante os derradeiros anos, e que durante o tempo de Juan Manuel Cabrejo Pasantes na Concellería, acadou o seu cénit absoluto, recentemente vense de celebrar nas nosas terras un Campeonato de Xadrez. Publicitado a través da Rede Social de Camarinas.eu por un dos organizadores do evento, o Club Xadrez Touriñán de Muxía, os émulos de José Raúl Capablanca, Mijaíl Tal, Anatoli Kárpov ou Garry Kaspárov, adueñáronse por uns días do Pavillón Municipal de O Areal e fixeron retorcerse os cerebros dos presentes con movementos impredecibles e xogadas brilantes. Un éxito organizativo e de público que nembargantes mellor nolo narren os propios organizadores do evento.
Campeonato de Xadrez que gañou Francisco Luis Abella, primeiro e último campeón da Costa da Morte (posto que os torneos comarcais xa acabaron por este ano) mentras que Kevin Carballo Sandobal, do Club Xadrez Cabo Touriñán, en categoria sub-8, foi o único xogador do torneo que quedou de primeiro en todas as probas ata o de agora desputadas ademáis de ser o recente campeon provincial. A organizacion foi a mellor de tódolos torneos ata o de agora (gracias por iso) e a participaron pode crifrase en máis de medio centenar de axedrecistas. Destacar a participación do Alcalde camariñán que non só acudiu a entregar as medallas senón que estivo case todo o torneo mirando activamente as partidas. O organizador deste torneo, o Club Xadrez Cabo Touriñán, realiza este traballo para promover o xadrez na Costa da Morte para tratar deste xeito que saian máis equipos e que os rapaces poidan competir entre eles por esta zona e quen non se vexan obrigados a viaxar ata Vilagarcia ou a Ribeira para disputar a un detrminado nivel partidas do xogo que os apaixoa. Esto foi a grandes rasgos o que dou de si o que foi un pequeno peldaño máis dentro da loita titánica de tratar de extender o noso amado xadrez polas vilas da Costa da Morte.
Comentarios
te ruego no pierdas el tiempo ya sabemos la respuesta.
Desde mis tiempos de estudiante, he estado federado en varios equipos ajedrecistas, y he competido en infinidad de torneos.
Siempre fui autodidacta, y nunca quise acatar la “ normativa “ escrita de jugadas y aperturas pre- establecidas en libros y manuales. Como, en definitiva, se trata de un juego, siempre quise ganar o perder, pero con mi sistema y forma de jugar.
Así, fui capaz de tratar de tu a tu al gran maestro internacional ruso Igor Hhenkin, en una competición internacional del Teresa Herrera, quien acabó pidiéndome tablas, cuando lo tenía acorralado, después de más de 3 horas de juego. Y, otras partidas, que las he perdido “ gracias “ a ese juego de “ entregar “ fichas voluntariamente , para imprimirme a mi mismo nuevas emociones y desafíos.
En fin, tengo este precioso juego muy abandonado por falta de tiempo, pero no por falta de ganas.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.