1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Luis O Cotiño protagonista dunha noticia publicada no Depor SportTodo deriva de que aquí en Camarinas.eu nunca se nos dou por plaxiar as noticias que outros creaban, nin por limitarse a publicar as notas de prensa que se remiten dende administracións ou asociacións diversas, nin tan siquera por repasar concienzudamente a diario a prensa autonómica e despois publicar como un refrito o alí acontecido. Ao contrario esta redacción sempre se caracterizou por unha forma de entender o xornalismo únicamente a través da  producción propia como vía de dar saída as ansias creativas dos seus redactores, presidida sempre por unha insoslaiable vocación de servizo público, allea a calquer militancia ou vinculación a formacións políticas. Deste xeito é normal que unha web elaborada con tan poucos medios acabe convertíndose no referente informativo absoluto do seu ámbito territorial e o recoñecemento dos medios profesionais sexan unha constante.

O derradeiro recoñecemento en chegar, que nos saibamos, proviña do líder da prensa deportiva galega, o diario coruñés Depor Sport, que nunha noticia a toda páxina titulada "Con Campaña en el recuerdo" facíase eco da emotiva homenaxe que este 9 de decembro de 2012 o FC Camariñas e Camarinas.eu organizaban en honor a un dos mellores futbolistas da historia do club camariñán: José Luis Campaña Carril, O Cotiño. Deste xeito un acto celebrado no pequeno ámbito futbolístico de Camariñas gracias á citada publicación ampliaba o seu radio de acción a toda Galicia e permitía coñecer ata no derradeiro dos recunchos da mesma esta sinxela homenaxe celebrada en honor a un futbolista excepcional e mellor persoa.

Neste punto debe recoñecerse a profesionalidade e honestidade dos xornalistas do medio coruñés que non olvidaban citar aos dous coorganizadores do evento, a diferencia da lamentable actuación da sección de Carballo de La Voz de Galicia que preferío olvidarse (voluntariamente) do nome dunha das dúas entidades organizadoras. Sen dúbidas atopábanse mui atareados naqueles días publicando e republicando as patéticas e surrealistas notas de prensa evacuadas por un comité de nulidades políticas camariñán. Lamentable profesionalidade deontolóxica a dalgúns: tal vez e seguindo a querencia tan extendida aquí en Camariñas tan só xa lles quede plaxiar directamente as nosas noticias e listo. Será o único xeito de dar a coñecer aos seus lectores o que realmente acontece por estes pagos.

Ca publicación da presente noticia rematamos pois todo o relacionado co falecemento do noso querido amigo Luis O Cotiño. Unha sucesión de noticias que comenzaba cando o seu primo Juan Manuel Cabrejo Pasantes daba na súa fantástica e impecable sección semanal a voz de alarma sobre o estado de saúde dun dos grandes iconos da década dos anos 80 na Costa da Morte. Un redactor xefe dos deportes de Camarinas.eu, sen dúbidas o mellor futbolista da historia desta Franxa Atlántica, que co seu traballo serio, abnegado, constante a prol de Camariñas convertío a nosa sección deportiva nun referente xornalístico a seguir por toda a prensa profesionalizada galega. É por elo que non puido haber mellor homenaxe para aquel extremo zurdo todo talento e habilidade chamado José Luis Campaña Carril O Cotiño. O amigo que se nos fui.

Os nosos colegas do Depor Sport fixeron amplio eco dunha homenaxe coorganizada por Camarinas.eu

Comentarios   

Aniña
+4 # RE: Referente deportivo da Costa da MorteAniña 23/12/2012 15:42
Gracias Diego por poñer o reportaxe que salió no periódico do meu irman.Sabes que día salió no periódico?e qué non o temos e queríamos conseguilo.Si o sabes xa me dirás,vale?
Un saludo e gracias de novo por todo.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.