- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 01 Decembro 2012 01 Decembro 2012
Frente a este moda que algúns desaprensivos veñen de instaurar dende hai xa uns cantos anos na Costa da Morte de apropiarse do traballo intelectual alleo e facelo pasar por propio, frente aos cuatreros xornalísticos desvergonzados, frente aos puros e sinxelos saqueadores e plaxiadores de webs, seguen a quedar nesta Fraxa Atlántica, escritores e xornalistas da vella escola. Aquela que implica documentarse exhaustivamente, entrevistar aos protagonistas, beber das distintas fontes, para despois todo o material acumulado refundilo nunha nova obra literaria ou xornalística, propia e orixinal, con novos enfoques e puntos de vista, dotada dun estilo narrativo característico e todo elo para dar saída a algunha clase de inquietude cultural, intelectual ou histórica.
Este último foi o caso do Profesor da Universidade da Coruña Héctor Manuel Pose Porto e do estudioso do fútbol aficcionado Luis Porto, autores ambos do libro "SCD Malpica, 40 anos de fútbol", que este domingo 26 de novembro de 2012 se reunían no Café Bar cun puñado de vellas glorias do FC Camariñas e do Porteño para ver de recopilar uns cantos datos pero sobre todo unhas moitas anécdotas cas que documentar a que será a súa vindeira obra editorial: "Mar de Paixón. O fútbol na Costa da Morte", un libro que pretende cubrir o período vital dos50 anos de existencia do fúbol da Costa, agora que estamos a piques de cumprir o seu cincuentenario (1963-2013).
Polo local emblemático do Distrito de Corea se achegaba unha das maiores constelacións futbolísticas nunca vistas por esta Franxa Atlántica para axudar a Héctor M. Pose a redactar unha obra necesaria para recoller no papel unha época clave do devenir histórico desta Costa da Morte dos nosos pecados. Camuel, Juan do Penedo, Polo, Pepe do Porteño, Manolo O Panadeiro, Pichurri, Javier do Reino, Piruco, Vicente Carril, Mon... lamentablemente alí non podía estar un dos mellores expoñentes do fútbol da Costa, Luis Campaña Carril "O Cotiño", que habería de falecer tráxicamente tres días despois. Todos eles colaboraban desinteresadamente lembrando victorias, derrotas, pero sobre todo anécdotas duns anos nos que a pesares do abandono característico dende os centros administrativos a sociedade civil das distintas vilas costeiras, sen colaboracións de ningún tipo, sen necesidade de subvencións públicas, sen ter por elo que botarse nas garras interesadas dos políticos de turno, foi quen de sacar adiante unha liga e unha copa chamadas a facer historia. Unha época única que quedará recollida para a posteridade nun libro completo, serio e ben documentado, realizado tras unha ardua labor investigadora e co selo de dous creadores solventes. Pero con todo, mellor que sexa o propio Profesor da universidade herculina Héctor M. Pose que nos conte en amable colaboración con Camarinas.eu as principais liñas e motivacións dunha obra histórica:
Tratarase de plasmar nun libro-album e en galego, os fitos e aconteceres fundamentais do fútbol da Costa da Morte, nomeadamente da Liga e da Copa da Costa, aproveitando o seu cincuentenario en 2014. 67 Equipos (máis de trinta localidades), directivos, adestradores, xogadores ou seareiros máis significativos serán recollidos aquí. Tamén todos aqueles aspectos inherentes á competición: árbitros, estatísticas de resultados, sucedidos no imaxinario colectivo, obxectos, campos de fútbol, empresas patrocinadoras etc. Todo salpicado de referencias expresas ás singularidades dos vizosos patrimonios tanxibles e intanxibles que definen un territorio mítico coma este.
Lendas, gastronomía, puntos singulares, paisaxe, toponimia, referentes artísticos, literatura, naufraxios, areais, faros e portos. Procurando albiscar as directas ou sutís relacións que todo este amplo patrimonio mantén co deporte do fútbol amador, plasmarase con fotografías, obxectos, documentos, textos, testemuñas etc.
Para unha obra desta envergadura, acudiremos a arquivos de organismos e empresas (Federación Galega de Fútbol, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Fundacións…), así como de moitísimos particulares implicados no ser e no acontecer dos clubs da Costa da Morte: Noia, Porteño, Baio, Fisterra, Malpica, Camariñas, Muxía, Ponteceso, Club del Mar de Caión, Laxe, Buño, Dumbría, Muros, Cabana, Lira, Carnota..., localidades que sitúan no mapa a este recuncho do noroeste peninsular.
Un libro para todo tipo de lector, sen tecnicismos e con alto contido visual.
















Comentarios
PD: Moncho, creo que eu tiña por algún lado unha foto do Camariñas onde estaba Rubén de Porteiro. A ver si a encontro por algún lado. Saludos ós dous!
só nos presta nestes intres, agradezar a presenza, a amabilidade, as testemuñas e imaxes, as lembranzas dos alí reunidos. Foi un verdadeiro pracer escoitarvos. Aínda que falamos dunha competición (Liga e Copa da Costa) que tivo ata 67 clubes competindo nun ou noutro momento da súa historia, trataremos de facer o posible para que aparezan na publicación resultante, o máis salientable de cada un deles.
E agradecer a quen escribíu esta magnífica crónica do intre e a quen a difunde, polo seu excelente labor.
Sumámonos, Luis Porto e máis eu, ao recoñecemento e pesar pola triste desaparición de Cotiño.
Viva a Costa da Morte e a súa xente, que ás veces abanean, mais non caen!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.