- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 21 Novembro 2012 21 Novembro 2012
Destacar o atraco e atropelo que sufreu o Xaviña en Alcaián donde o colexiado desquiciou ao conxunto de Pirucho influindo claramente no resultado final e o que é mais importante, expulsando inxustamente a xogadores e escribindo cousas na acta que non viñan ao caso. O presidente da entidade Isaac Caamaño, está farto de tanta persecución arbitral e pide que traten ao seu equipo con respeto, e que deixen de machacalos unha e outra vez. Xustiza pois, para un Xaviña que está farto e clama ao ceo cun "BASTA XA!!!". O Balonmán Camariñas segue ao seu, é decir, a gañar aos seus rivais con autoridade, demostrando que van pelexar por ascender.
TERCEIRA DIVISIÓN
CELTA B 4-0 ORDES
Derrota clara e merecida a que sufrimos ante o filial Celeste nun partido no que non estivemos. Dias así era mellor quedar na casa. Saímos dormidos, sen intensidade e iso ante un dos mellores equipos da categoría e máis se é un filial, págase moi caro como así foi. Somos un equipo que se queremos optar a algo máis que a quedar na metade da táboa clasificatoria, temos que gañar fora da casa, esa é a nosa asignatura pendente, temos que demostrar que podemos facelo, pero non nos serve o exemple deste partido pasado.
Toca pasar páxina e pensar no vindeiro encontro, pois este último xa non ten remedio. Necesitamos un lavado de imaxe i esperemos que esta vindeira xornada onde recibimos ao Barbadás, poidamos cambiar a imaxe dada en Vigo.
PRIMEIRA REXIONAL
VILLESTRO 2-0 CAMARIÑAS
Derrota dos de Pepucho que en trinta segundos xa perdían por un a cero. Non saíu con intensidade o Camariñas e iso pagouno moi caro ante un Villestro que fixo o xusto para vencer. Moi mala a primeira parte dos de Pepucho onde o Villestro marcou e dedicou a gardar a renda sen que o Camariñas lles creara perigo. Todo cambiou no descanso, o Camariñas mereceu empatar e dispuxo de boas ocasións, pero errou. Finalmente, nunha falta de entendemento entre a defensa e o porteiro, chegou a sentencia dos locais.
Pese a derrota, o Camariñas sale fortalecido, si, non estou toleando, digo porque Pepucho e os seus, falaron claramente da situación que están a atravesar e están todos de acordo en remar na mesma dirección. Isto é o que teñen que facer, sabíase dende o principio que esta tempada iba a ser moi complicada, difícil, o obxetivo é manter a categoría e a mellor forma de lograr ese obxetivo é que xogadores e adestrador estén unidos como así o van a demostrar, algún quixera o contrario pero vai ter que fastidiarse e as decisións drásticas que querían que se tomasen non van ter lugar.
A próxima xornada o Camariñas recibe ao Malpica, un partido complicado pero que ao mesmo tempo chega en bo momento para demostrar que este noso equipo vale moito.
TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 3-0 FISTERRA B
Victoria do Porteño de Gerpe ante o filial Fisterrán nun encontro no que o Porteño demostrou que tamén sabe sufrir antes de sentenciar os partidos. Está o Porteño nunha dinámica de campeón, e iso nótase nos equipos que xogan contro o líder, ao que tratan de dar o máximo para ganarlle, pero o conxunto que queira batir aos de Gerpe vai a ter que sudar sangue. Non foi un partido fácil, o Porteño adiantouse no marcador na primeira metade cun golazo de David Toja.
Na segunda metade o Porteño veu como o Fisterra B levaba o peso do encontro, pero os de Gerpe estaban preparados para sair á contra e o segundo gol chegaría dese xeito cando Yuyo acadaba o segundo. O terceiro e definitivo foi obra de Yago. Temos líder para rato e se o Porteño segue este ritmo, vanlle a sobrar moitas xornadas para lograr o obxetivo do ascenso. A vindeira xornada o Porteño xoga ante o segundo clasificado, o Independiente de Carballo. Partidazo por todo o alto.
BAIÑAS 1-3 CAMELLE
Victoria do Camelle de Pupus en Vimianzo diante do Baiñas nun partido onde houbo un ambiente de gala, pois a afición de Camelle desprazouse ata Vimianzo para animar ao seu equipo. Non quere deixar escapar o Camelle nin ao Independiente de Carballo nin ao Porteño nesa loita por ascender e así o demostrou ante o Baiñas ao que venceu con claridadade. Partido que na primeira metade foi igualado, pero na segunda o Camelle demostrou ser superior ao Baiñas para levarse os tres puntos. Manuel, Mario e Miguel Riveiro, foron os autores dos goles do Camelle.
Segue o Camelle de terceiro a espera de que os seus máximos rivais pinchen. Este Camelle xa non é unha sorpresa, é unha confirmación dun gran equipo que está a facer unha gran tempada. A vindeira semana o Camelle recibe no campo do Rodeiro ao Ameixenda.
ALCAIÁN 3-1 XAVIÑA
Derrota do Xaviña de Pitucho que tivo que loitar contra o rival e contra o colexiado. Está a familia do Xaviña moi enfadada ante o que consideran un atropelo, un atraco e xa están cansos de recibir xornada tras xornada semellantes atropelos. O partido estaba empatado a un gol e cando máis atacaba o Xaviña para acadar o segundo foi cando comezou o festival do trencilla quen expulsaría ao porteiro Moro e a Felipe. O gol do Xaviña foi obra de Felipe.
Enviou o presidente Isaac Caamaño un recurso polas expulsións e tamén unha queixa polas contínuas malas arbitraxes que está a recibir. Non queren que lle dean nada, pero que tampouco lle quiten, son un clube humilde pero non por iso se pode abusar. Dende aquí desexamos que a partires de agora o Xaviña reciba un trato como é debido, como os demais. A próxima xornada o Xaviña descansará.
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS OS LEÓNS 1-0 MUXÍA
Victoria dos rapaces de Andrés que rompen deste xeito unha mala racha de resultados que viñan acarreando nas últimas xornadas. Partido no que o Camariñas dominou e mereceu máis goles, pero no que tamén sufriu para gañar, pois o gol non chegaría ata o último minuto, cando Martín acadaba o único tanto do encontro que lle daba os tres puntos ao Camariñas. A vindeira xornada o Camariñas Os Leóns xogan en Malpica.
LIGA CADETE
CABANA 5-4 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Ordóñez nun partido no que non mereceron perder, nun encontro disputado de poder a poder onde os ataques superaron con claridade as defensas. Pese a derrota, os cadetes do Porteño teñen que sair contentos do partido realizado. Hai que pulir pequenos detalles defensivos para non dar tantas facilidades ao rival, pero estamos seguros de que a victoria voltará a chegar pronto. A próxima xornada o Porteño recibe ao Ponteceso.
LIGA INFANTIL
BAIO 2-5 AS BALEAS
Victoria das Baleas de Vi que xornada tras xornada están a crecer e xa non se sabe cal será o teito. De momento esta xornada deron conta do Baio ao que pasaron por encima. Gran partido dos rapaces de Vi que suman tres novos puntos para situarse terceiros, a tan só 5 puntos do líder pero cun partido de menos. Os goles das Baleas foron obra de Adri en duas ocasións, Brais, Pablo e Álvaro. A vindeira xornada, as Baleas reciben ao líder, o Xallas de Santa Comba.
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-3 SAN ROMÁN
Nova derrota do Camariñas que cada xornada que pasa ten máis difícil o obxetivo da permanencia. Non está atravesando por un bó momento o Camariñas ao que lle desexamos que volten a gañar un partido pronto porque é moi necesario. A próxima xornada o Camariñas visitará Carballo para enfrontarse ao Xuventude Bergantiños.
SEGUNDA DIVISIÓN
PONIENTE 1-3 CAMELLE
Victoria do Camello do Socho ante o Poniente nun partido moi ben xogado polo Camelle que está nun momento notable de forma. Tres puntos máis que lle serven ao Camelle para colocarse cuartos a tan só un punto dos terceiros e a dous do segundo. A vindeira xornada o Camelle recibe ao Laxe.
PORTEÑO
Descansou o Porteño esta xornada. a próxima recibirá ao Poniente.
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
PABELLÓN OURENSE 27-29 BALONMÁN CAMARIÑAS
Victoria do Camariñas de Fran Puga nun partido no que o marcador final non demostra o ocurrido no partido, pois o Camariñas sempre tivo unha renta amplia no marcador e só a "deixadez" final, serviu para que o rival maquillara o encontro. Borja con 7 goles e Perón con 8, foron os máximos goleadores do Camariñas e do partido. Está o Camariñas preparado para afrontar con garantias a seguinte fase. A vindeira xornada o Balonmán Camariñas recibe ao At. Guardés
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
PABELLÓN INDOMOGAL OURENSE 30-19 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das mulleres de Monchiño que non puderon emular aos seus compañeiros da sección masculina e perderon en Ourense. Non fixeron un bó partido as Camariñanas que pagaron moi caro os erros en ataque e en defensa. Deben de ser máis regulares nos seus encontros para ter máis opcións de gañar partidos. A próxima xornada as Camariñanas reciben ao A.D. Carballal.
LIGA XUVENIL MASCULINA
Descansou o BALONMÁN CAMARIÑAS que esta vindeira xornada recibe ao Balonmán Viveiro.
LIGA CADETE FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 21-20 LALÍN B
Victoria das cadetes Camariñanas que gañaron con moita emoción ao Lalín B. Partidazo das nosas cadetes que deron o mellor de si para derrotar a un bó rival. Están nun gran momento de forma e iso téñeno que aproveitar as nosas para seguir gañando partidos. A próxima xornada as Camariñanas xogarán en Pontevedra ante o Teucro.
LIGA INFANTIL FEMENINA
Descansaron as Camariñanas que ao igual que as cadetes xogarán en Pontevedra ante o Teucro.
Esto foi todo canto dou a xornada dos nosos equipos, seguiremos informando dende a web que vive o deporte como ningunha outra, dende CAMARINAS.EU, de todo canto acontece cos nosos equipos.