- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 20 Outubro 2012 20 Outubro 2012
Nunha España que pretenden balcanizar os aventureiros nacionalistas de sempre imos cunha historia en sentido contrario, unha sobre superar barreiras, tender pontes, sobre a unión entre pobos. Unha historia que non trata sobre políticos profesionais que levan toda unha existencia vivindo do conto, senón de xente de aquí, duns cantos rapaces de Camariñas e Muxía, grandes aficcionados ao ciclismo, o deporte en ebullición nesta Costa da Morte dos nosos pecados, que decidiron aunar forzas e diseñar de forma conxunta un elaborado calendario de rutas que percorrer concienzudamente sobre todo os domingos, o día do Señor, desfrutando das mellores paraxes que ofrece esta inabarcable Franxa Atlántica.
Pero non contentos co realizado, este proxecto común camariñano-muxián da un paso máis e decide trascender as fronteiras locais e acometer desafíos de maior envergadura. Así, próximamente a van a realizar un proxecto máis duro, o de percorrer o Camiño de Santiago que leva dende a capital compostelana a Muxía, a serio risco do que sobre elo poidan pensar na máis sureña Fisterra. Consitúe ésta unha proba do compañeirismo e amizade que une a estas dúas vilas veciñas cando, sobre todo se botamos a vista atrás, todo eran competicións entre uns e outros provocadas posiblemente por patrioterismos paletos e rivalidades mal entendidas. Como non podía ser doutra maneira Camarinas.eu conta na parte muxiana do asunto cuns cantos amigos, entre que destacamos por só nomear a un, a Javier Sambad. A maiores obviamente do promotor da idea, a de unir polo mundo da mountain bike a este animado grupo, un Daniel Cabrejo que agora posúe unha tenda de bicicletas que compatibiliza coa súa clínica de quiromasaxe. E así, a lomos dunha bicicleta, un puñado de veciños de Camariñas e Muxía escriben pedalada a pedalada polas rutas paradisíacas da Costa da Morte unha fermosa historia de unión e amizade entre os pobos.
Comentarios
Hei morrer alí, onde afoga o sol por min;
alí, onde, a espuma, é a raíña do mar,
e, o vento, a frauta dos tombos, paladín.
Hei morrer alí, onde a vella luarada
ha pasar aboiada nas noites de luar,
vogando pola cima platinada.
Hei morrer alí, onde o cumio do Vilán
esbica na néboa que o está a asoballar,
i espalla súa clareeira louzán.
Hei morrer alí, onde está a vivir miña nai
coa súa alma inmortal… sobre o lugar
que deu a liñaxe ás terras do meu pai.
Antonio Puertas.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.