1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Arturo Pasantes Vidal o camariñán que arrasou no Campionato de pesca disputado en Muxía

Este pasado sábado 22 de setembro celebrábase na praia de Lourido (Muxía) o I Campionato Solidario de Pesca Submarina e resultaba gañador absoluto, un camariñán, o noso querido amigo Arturo Pasantes Vidal. Actualmente residente en Cee onde traballa como bombeiro soe ser Arturo un habitual dos distintos eventos deportivos da Costa da Morte, sobre todo cando estes teñen lugar na súa vila natal e así o poidemos ver na que foi a I Carreira Popular de Camariñas xunto ao noso gran campeón José Manuel Rodríguez Tajes. Xunto á pesca submarina e o atletismo, outro dos deportes que practica de a cotío Arturo é o da mountain bike, participando asemesmo nas diferentes probas de BTT que teñen lugar por estas paraxes.

No caso da proba disputada este pasado fin de semana en Muxía e que foi obxecto dunha amplia e excelente reportaxe por parte dos nosos compañeiros da web www.quepasanacosta.com, cómpre decir que ésta foi organizada polo Club Costa da Morte sub e a empresa Ferroatlántica, sendo destinado todo o producto da pesca colleitada para Cáritas. Deste xeito un sin fin de maragotas, robalizas, sargos, badexos, algún que outro muxo, etc... foron a parar aos comedores solidarios de Cáritas onde os máis desfavorecidos poderán por un día deleitarse con mellores manxares da Costa da Morte. E elo sobre todo gracias ao mellor de tódolos pescadores en acción deportiva, un campeón camariñán chamado Arturo Pasantes Vidal que arrasou cos rexistros submarinos da proba muxiana. ¡Felicidades Arturo!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.