1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O xaviña e o Camelle desputaron un intenso encontro este sábado

Xornada que viña marcada polo derbi entre o Xaviña e o Camelle que finalmente caeu de lado do conxunto Camellán, eso si, un derbi xogado nun ambiente maxistral e donde houbo de todo, goles, emoción, expulsións..... O Camariñas acadaba un empate sin goles en Rianxo, o Ordes conseguía derrotar ao Deportivo B, nunha xornada onde o Porteño descansaba. Cabe destacar, o inicio da loga de veteráns, onde o Camariñas, Porteño e o Camelle, comezaban a súa andaina esta tempada e que seguiremos puntualmente aquí en Camarinas.eu. Dou comezo tamén a liga de balonmán nas categorías senior masculina e femenina. O Camariñas Conserva Boya e o Balonmán Encaixe de Camariñas agora forman un único clube trala fusión de ámbalas entidades. Así nace o Clube Balonmán Camariñas co patrocinio de Conservas Boya nas duas categorías e tamén o Encaixe de Camariñas colabora có equipo femenino. Dende aquí, desexarlle moitos éxitos a nova entidade e ogallá se cumplan os obxetivos establecidos para esta tempada.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 2-0 DEPORTIVO
Primeira victoria da tempada a que acadamos diante dun dos favoritos a conseguir o ascenso como é o filial Deportivista. Saimos coas ideas claras de que o Depor B non estivera cómodo no partido e con moitas gañas. Chegábase ao descanso con cero a cero no marcador, tras unha primeira metade na que non houbo moitas ocasións.
Na segunda metade cando parecía que todo se nos complicara, pois expúlsannos a un xogador, chega o primeiro gol de Nacho a saída dun córner, tras unha xogada ensaiada. Con un home menos, puxémonos a xogar á contra e non pasamos ningún tipo de apuros, o Deportivo B non era capaz de crearnos perigo. Así nos derradeiros minutos, Nacho novamente sentenciaba o encontro tras unha espectacular xogada de todo o equipo. A vindeira xornada xogaremos en Vigo diante do Rápido de Bouzas.

PRIMEIRA REXIONAL
UNIÓN DE ASADOS 0-0 CAMARIÑAS
Cartel do próximo partido do FC CamariñasEmpate e novo punto que suma o Camariñas de Pepucho no súa visita a Rianxo. Está contento a medias o adestrador Camariñán xa que o seu conxunto foi superior ao rival e tan só a falla de puntería impedíu que o Camariñas non conseguise a victoria nun partido que tivo controlado de principio a fin. Están os Juan Vello, Pombo, Moriño, Brais e compañía, facendo un estupendo inicio de campaña e o que é máis importante, dando unha imaxe de equipo que sabe a que xoga e que o fai sen ningún tipo de complexos sexa o rival que sexa. A próxima xornada o Camariñas recibirá ao Flavia. Os de Padrón son outro rival que está a chamado a estar entre os conxuntos que loiten ao ascenso de categoría.

TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA 1-2 CAMELLE
Espectacular o derbi xogado entre o Xaviña de Pirucho e o Camelle de Pupus nun partido que cando parecía estar sentenciado, chegou a emoción ata o pitido final. Comezou o partido e os dous equipos non querían arriesgar. Tivo nesta primeira metade o Xaviña duas ocasións para adiantarse no marcador, pero o balón petaron no poste da portería Camellana. Na segunda metade, sería o Camelle o que enviaría un balón ao pau e quen en cinco minutos do tramo final do encontro, parecía que deixaba o partido sentenciado, pois Felipe Barreiro primeiro, cun golazo de auténtico crack e Tedín despois, acadaban sendos goles para o Camelle.
Pero a emoción chegaría tras un saque de córner no que Felipe recurtaba distancias e no que o colexiado expulsaba ao porteiro do Camelle Carlos. Despois chegarían duas expulsións máis para o Camelle, o colexiado da contenda, expulsaba a Iván e a Manuel, deste xeito o Camelle quedaba con 8 xogadores no campo e o árbitro alongaba 10 minutos o partido no que o Xaviña achuchou pero non conseguíu empatar. A vindeira xornada o Camelle recibe no seu campo de O Rodeiro ao Cerqueda mentras que o Xaviña viaxará ata Vimianzo para enfrontarse ao Castrelo.

PORTEÑO
Descansou o partiño esta xornada. A próxima recibirá ao Soneira B no seu campo de A Grixa.

LIGA XUVENIL
MUXÍA 3-3 CAMARIÑAS OS LEÓNS
Primeiro punto que acada o Camariñas Os Leóns nesta liga, nun encontro no que Pepucho fixo de adestrador debido a que Andrés non puido estar por motivos laborais. Partido no que houbo moitos goles e no que o Camariñas cando quedou con 10 homes ao inicio da segunda metade por expulsión de Davis, foi moi superior e remontou un partido que perdia e tan só no desconto, veu como o Muxía empataba o partido. Javi dende o centro do campo, Martín e Sergi, foron os goleadores do partido. A próxima xornada, o Camariñas Os Leóns reciben ao Malpica no Hermanas Patiño.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 1-1 BÉRTOA
Empate do Camariñas ante o Bértoa nesta súa estrea da nova tempada na primeira división da liga de veteráns, nun partido onde os Camariñáns puideron levarse os tres puntos. Comeza a liga e o Camariñas suma o seu primeiro punto nun tempada na que o obxetivo vai ser o de manterse na categoría.A vindeira xornada, o Camariñas xoga en Ponteceso.

SEGUNDA DIVISIÓN
DEPORTIVO CARBALLO 1-2 CAMELLE
Victoria do Camelle do Socho en Carballo nun partido onde o Camelle chegaba con tan só 11 homes xustos debido as moitas baixas coas que cantaban ante un rival que tiña ata 10 homes para facer trocos. Pese a todo, o Camelle fixo un moi bó partido e conseguíu a victoria nesta primeira xornada ligueira. Juan (Andrés Iniesta como lle gusta que lle chamen) e Luis, foron os goleadores do Camelle. A próxima xornada, o Camelle recibe ao Leiloio no Hermanas Patiño.

BUÑO 4-2 PORTEÑO
Derrota do Porteño en Buño nesta primeira xornada ligueira da segunda división de veteráns. Tivo baixas o Porteño e noutounas no transcurso do mesmo. O Buño demostrou ter moito acerto de cara gol, e practicamente marcou gol en todas as chegadas que tivo. A vindeira xornada, o Porteño recibirá ao Deportivo Carballo.
{xtypo_rounded_right2}
BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS
Cabe destacar o comezo da liga de balonmán nas categorías senior masculina e femenina, o Camariñas Conserva Boya e o Balonmán Encaixe de Camariñas agora forman un único clube trala fuíón de ámbalas entidades. Así nace o Clube Balonmán Camariñas co patrocinio de Conservas Boya nas duas categorías e tamén o Encaixe de Camariñas colabora co equipo femenino. Dende aquí, desexarlle moitos éxitos a nova entidade e ogallá se cumplan os obxetivos establecidos para esta tempada.{/xtypo_rounded_right2}

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 30-17 BALONMÁN DEZA
Estreábase Fran Puga como novo adestrador do Camariñas e fixo con victoria, unha victoria aplastante ante un rival que veu como o Camariñas era un auténtico furacán. José Ramón con 7 dianas foi o máximo goleador do Camariñas e do encontro. Primeira xornada e primeira victoria dos Moncho, Kin, Catalán, Borja e compañía nunha nova tempada na que os Camariñáns irán a por todas. Fabián e Cristian son baixa xa que voltaron ao seu antigo equipo, ao OAR Coruña (moita sorte lle desexamos a estes dous cracks camariñáns), tamén é baixa Salva. Pola contra, Alex Canosa incorpórase ao conxunto Camariñán. A próxima xornada o Camariñas viaxará ata O Grove para enfrontarse ao Rasoeiro.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 23-30 CINCO JOTAS LAVADORES
Derrota das Camariñanas nesta nova etapa na que teñen como adestrador a Moncho. Perderon as nosas ante un rival que foi superior e que está chamado a loitar polo título ligueiro. O equipo que adestra Moncho pese a derrota dou unha boa imaxe ante un dos mellores rivais da categoría e seguramente as victorias chegarán pronto pois están capacitadas e preparadas para elo. A vindeira xornada as Camariñadas xogarán como visitantes diante do Chapela.

Ata aquí todo canto nos dou a xornada.Dende Camariñas.eu contámosvos todo canto acontece no deporte do noso Concello. Somos a web libre, independente, a que vive o deporte!!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.