- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 20 Setembro 2012 20 Setembro 2012

Foi máis ou menos a mediados da década dos sempre lexendarios anos 80 cando a paixón polo baloncesto estalou en toda a súa inmensidade naquela España que daba os seus primeiros pasos no despilfarro autonómico. Trala estela da prata olímpica de Los Angeles 84 e baixo o influxo de auténticos titáns como Fernando Martín, Epi, Corbalán, Solozábal ou Villacampa un deporte ata daquela de minorías saltaba ao primeiro plano e codeábase en pe de igualdade cun fútbol sempre omnipotente. Despois saltaría o charco e imbuiríase con delectación nas primeiras imaxes da mítica NBA norteamericana. Eran aqueles os días de gloria de revistas como "Gigantes del Básket", que se agotaban con voracidade caníbal entre unha lexión de xiareiros famentos polas andanzas dos Petrovic, Norris, Pinone (España) ou dos Magic, Jordan, Ewing e Larry Bird (USA). E foi agora, uns 25 anos despois, cando descubrimos que aquí, entre nos, moraba un auténtico xigante do baloncesto, o noso querido amigo Aníbal Pasantes Lorenzo.
Acostumados como estábamos aos seus éxitos deportivos no equipo de regatas do Club Náutico de Camariñas, hai tempo que éramos coñecedores dos éxitos de Aníbal noutras modalidades, nembargantes non pode deixar de causar admiración e sorpresa dar un repaso ao seu historialnun deporte, o Baloncesto, que nunca tivo demasiada tradición nen seguemento no Concello de Camariñas.
Así, iniciado na práctica do fútbol 7 e o fútbol sala co Victoria CF non foi ata o 2004, aos seus oito anos, cando debuta no equipo do seu colexio, o “Compañía de María”. Empeza xogando de aleiro, se ben pola súa versatilidade, tamén pode xogar de pívot ou incluso animarse a subir o balón sen problemas.
Campeóns consecutivos da Liga de Santiago nas tempadas 2006-2007, 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010. No 2009 gañarán asemesmo o Campeonato Provincial e a Copa Galicia conquerindo un triplete histórico que lles da o ascenso á Liga Galega. Alterna Aníbal neste tempo os éxitos no seu equipo cas participacións na selección zonal de Santiago no 2007 e 2009. Ao ano seguinte déixanse de convocar as seleccións zonais e é convocado para a Preselección de Galicia.
Na tempada 2010-2011 con só 8 xogadores no plantel do Compañía de María consiguen a permanencia na Liga Galega, chegando Aníbal a uns rexistros sobrehumanos ao xogar os 40 minutos de tódolos partidos da tempada. Ao exercicio seguinte,2011-2012, finalizan terceiros con só 4 derrotas polo que xogarán o Campeonato de España de cadetes xunto a clubs como o Estudiantes de Lugo e o Marín Peixe Galego. Será no campeonato nacional onde Aníbal conquerirá unha media de 6 puntos e tres rebotes por partido. No encontro disputado contra o Cajasol Banca Cívica, á postre Campeón de España, logra 9 puntos, 2 rebotes e un tapón, cunha valoración global de 8. Na Liga Galega rexistra unha media lixeiramente superior de 12 puntos, 5 rebotes e 1 asistencia por partido, xogando de promedio 30 minutos por partido .
E se todo o anterior non fora suficiente para engrosar un currículum baloncestístico apabullante debe engadirse que durante as dúas derradeiras tempadas xogou cos maiores, nos xuvenís do Compañía, contribuindo a acadar este ano o ascenso á Liga Galega (1ª División), acadando neste caso unha media de 6 puntos e 3 rebotes por partido. Esta tempada 2012-2013 será xuvenil de primer ano e xogará as ligas zonais e galega e se hai sorte algún partido da autonómica. Actualmente está xogando a Copa Galicia no grupo do Artai, Estudiantes de Lugo e Basket Coruña pero eso sí, se hai algo que o noso Aníbal valora en verdade foi xogar o Campeonato de España cos grandes de España: Real Madrid, Barcelona, Unicaja, Cajasol… Este é o impresionante currículum de Aníbal, o gran xigante do básket en Camariñas.





































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.