- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 12 Setembro 2012 12 Setembro 2012

TERCEIRA DIVISIÓN
BETANZOS 1-1 ORDES
Empate o que acadamos en Betanzos que nos serve para sumar o primeiro punto da tempada. Partido moi igualado no que fomos de menos a máis e no que a pesar de ir por detrás no marcador, non nos viñemos abaixo e logramos empatalo na segunda metade cun gol de Nacho. Tivo o noso goleador a victoria bos seus pes, pero un tiro dentro da área no minuto 90, petou no longueiro cando todos cantábamos gol. A vindeira xornada, recibimos ai Deportivo B en Ordes.
PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 4-1 PONTECESO
Tocaba derbi no Hermanas Patiño. O Camariñas de Pepucho enfrontábase ao Ponteceso e vaia partidazo dos camariñáns que pasaron por enriba dun rival que non sabía como conter a avalancha camariñana. Non quixo Pepucho facer sangue e cando o marcador era de 4-0, fixo trocos para dar entrada a xogadores menos habituais e así premiar o traballo semanal. Martín con duas dianas, Basti con unha e Brais con outra, foron os goleadores locais. A próxima xornada o Camariñas viaxará ata Rianxo para enfrontarse ao Unión de Asados.TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 2-0 ALCAIÀN
Victoria do Camelle de Papus na sua estrea no campo de O Rodeiro que presentaba un cheo hasta a bandeira. Foi mellor o Camelle que mereceu gañar por mais goles ante un rival que chegaba a terras camellanas con só 11 homes. Sergio foi o autor dos dous goles do Camelle. Bo inicio de campaña do Camelle que esta tempada vai a dar moita guerra. A vindeira xornada o Camelle visita ó Xaviña en Camariñas. Toca derbi.
LIRA 4-5 XAVIÑA
Fantástica a victoria do Xaviña de Pirucho en Lira nun partido tolo no que se viron nove goles. Chegaba o Xaviña a este encontro tocado polas festas da Barca pero finalmente conseguiron sacar o partido adiante pese a ir perdendo por tres goles a cero e así sumar os primeiros tres puntos da tempada. Borja, Frutos, Rusiño, Roberto e Bieito foron os autores dos golrs do Xaviña. A próxima xornada temos derbi, o Xaviña enfróntase ao Camelle. Será o sábado no Hermanas Patiño de Camariñas.
NANTÓN 1-2 PORTEÑO
Victoria do Porteño de Gerpe a domicilio nun encontro que o deixou sentenciado en 10 minutos. Pois nese tempo, o Porteño xa gañaba por cero goles a dous. A partir de ahí, adicouse a controlar o partido e a non dar pe a que o rival lle fixera ocasións.
Está demostrando o Porteño que vai a ser o rival a batir, e as mostras da súa solidez como bloque e a dinamita que amosa no seu ataque, xa se pode apreciar a pesar de ir tan só duas xornadas. Os goles foron en propia meta tras unha falta botada por Mario Toja e de Bieito. A vindeira xornada o Porteño descansará.
LIGA XUVENIL
CABANA 6-0 CAMARIÑAS OS LEÓNS
Derrota clara e contundente dos xuvenís que dirixe Andrés ante un rival que demostrou ser superior. Teñen que olvidar este encontro e pensar xa no seguinte que será en Muxia ante o conxunto local.
Ata aquí todo canto dou a xornada. A próxima semana teremos xa máis partidos, pois comeza a liga de veteráns. CAMARINAS.EU estará pendente como sempre de todo canto aconteza no deporte do Concello. Somos a web que vive o deporte, a de tod@s. Próximamente iremos dando máis información acerca dos premios CAMARINAS.EU, uns premios nos que os usuari@s da web, votarán polo mellor xogador de cada conxunto en cada deporte. Saúdos.