- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 14 Decembro 2007 14 Decembro 2007
Víctor Vigo arrasa na mellor liga do mundo

Un dos máximos goleadores da liga ASOBAL de balonmán (a primeira liga do mundo) é un rapaz da nosa vila. Un auténtico exemplo de persoa e de deportista: Víctor Vigo, o candidato total a "Top Camariñas". O camariñán está a facer a temporada da súa vida sendo o millor xogador do seu equipo, o Teucro de Pontevedra, cuns números de vértigo: Víctor é o máximo goleador do conxunto pontevedrés.
Ademáis, Víctor é o cuarto máximo goleador nacional da liga de balonmán e o decimosexto goleador do total dos xogadores, por diante de superestrelas como Juanín García, Albert Rocas, Roberto García Parrondo e Alberto Entreríos. Todos eles internacionais absolutos coa Selección Española de Balonmán, Campeona do Mundo e Subcampeona de Europa. Por si fora pouco o rapaz da querida e coñecida familia Vigo Gerpe de Camariñas, é unha persoa sinxela e normal, que cando ten un minutiño libre, aparece por Camariñas sempre acompañado dos seus amigos de toda a vida. Desde camarinas.eu dámoslle a noraboa a Víctor por esta magnífica traxectoria que está a levar con moito traballo e sacrificio. Dentro desta noticia podes ver a clasificación de goleadores da liga ASOBAL de Balonmán.





Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.