- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 07 Setembro 2012 07 Setembro 2012

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 0-1 VILALONGA
Mal comezo de tempada o que estamos a facer xa que perdemos na casa ante un rival dos que teóricamente tiñamos que gañar. Non fixemos un mal partido, pero o mundo do fútbol é grande (eso din) porque un equipo pode estar sen facer nada e sufrindo moito como lle pasou ao Vilalonga, pois tivemos seis ocasións manifestas de gol pero errámolas, e ao final na única chegada do rival no minuto 91, meten o gol que lles daba a victoria.
Queda moito que remar, pois esto non fixo máis que empezar, pero toca cambiar o rumbo de resultados canto antes. A vindeira xogada xogamos en Betanzos.
PRIMEIRA REXIONAL
NOIA 1-0 CAMARIÑAS
Estreábase o Camariñas na nova categoría e ante o favorita ao ascenso, o Noia. Por desgracia, o Camariñas de Pepucho sufriu un atraco a man armada, en Noia pensaban que o partido sería un paseo e o Camariñas foi mellor que os locais e tan só a actuación desastrosa dun colexiado, impediu que o Camariñas trouxera consigo como mínimo un empate.
Un penalti como unha catedral, onde ata os xogadores do Noia quedaron quietos pensando que o pitara e un increible fora de xogo pitado cando Basti arrancaba 5 metros por detrás do último defensor e prantábase só diante do cancerbeiro do Noia, foron as xogadas que colmaron o vaso. Sabe o Camariñas que vai ter que loitar contra adversidades, pero o que esperan é que os colexiados sexan imparciais. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Ponteceso o domingo no Hermanas Patiño.
TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 4-3 AMEIXENDA
Gañou o Porteño o seu primeiro partido demostrando que é un dos conxuntos favoritos para acadar o ascenso. Saleu o Porteño a por todas e demostrando que vai ser un conxunto moi ofensivo e chegou a mandar no marcador por 3 goles a cero. Goles marcados por Asier, Ismael e Brais Grela.
A punto estivo o debutante conxunto do Ameixenda de amargar aos de Gerpe e lograría empatar o encontro, pero no minuto 88 de partido, foi novamente Brais Grela o que lle daría a victoria aos da Ponte do Porto. A próxima xornada o Porteño xoga en Nantón.
XAVIÑA 1-4 INDEPENDIENTE DE CARBALLO
Derrota do Xaviña de Pirucho neste debut ligueiro. Debut no que o resultado foi moi abultado e o Xaviña non mereceu semellante castigo, pois o partido foi moi igualado e o marcador final non reflexa o acontecido no terreo de xogo e o meta visitante foi o mellor xogador do encontro. A pesares da derrota, bó debut do Xaviña e seguro vai dar moitas alegrias para as vindeiras xornadas. A vindeira xornada o Xaviña xoga en Lira.
LAXE 2-1 CAMELLE
Perdeu o Camelle o primeiro partido ligueiro en Laxe onde dominou e tivo moitas ocasións, pero finalmente nos derradeiros minutos, o Laxe conseguiría o gol da victoria. Dou a cara o Camelle de Pupus e agradaron as novas incorporacións para esta tempada.
O gol do Camelle foi obra de Iván. Moita xente de Camelle en Laxe nun partido moi disputado e moi duro onde o Camelle demostrou que vai dar moito que falar esta tempada. A próxima xornada o Camelle recibe ao Alcaián na súa volta ao terreo de xogo Camellán.
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 2-3 PONTECESO
Comezou con derrota o Camariñas xuvenil que adestra Andrés ante un dos favoritos como é o conxunto da vila de Pondal. Bó encontro que fixeron os camariñans que cando parecía que o resultado final iba a ser un empate, viron como os visitantes acadaban o gol da victoria. Martín e Jav anotaron polos nosos. A próxima xornada o Camariñas xoga en Cabana.
Isto foi todo canto aconteceu na xornada a espera de que comecen máis ligas nas que tamén daremos conta de todo canto acontece en elas. Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte.