1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O FC Camariñas e o Depor Xuveniles nunha foto para a historia do Camariñas

O pasado domingo 12 de agosto de 2012 o FC Camariñas recibía no feudo municipal do Hermanas Patiño aos xuvenís de todo un club de Primeira División como o Deportivo da Coruña. E facíao cun plantel renovado no que veteranos e noveis mézclanse en xusta proporción para da man do home que levou ao club da Vila das Palilleiras ao ascenso, Pepucho, manterse este difícil ano de debut na Primeira Rexional. Alí, acompañando aos clubs do noso concello estivo Camarinas.eu facendo a foto oficial do encontro e apoiando ao FC Camariñas no ano do seu retorno á categoría que por prestixio lle corresponde. Agora, será o mellor futbolista en toda a historia da Costa da Morte, o Mago de Corea, o que faga unha puntillosa disección do que se aveciña esta tempada para o club camariñán.

A Análise de Juanillo

Comezou a pretempada do Camariñas de Pepucho que competirá na categoría de Primeira Rexional, unha categoría que vai ser esixente pero estamos seguros de que Pepucho e os seus van a lograr a salvación que é o gran obxetivo do clube.
Reforzouse o Camariñas con Julito, Rodri, Juanjo, Martín, Basti e Sergio. Ademais os xuvenís Yuyo, Saviola e o porteiro cadete José Luis foron chamados por Pepucho para formar parte do primeiro plantel. Tamén Brais está adestrando có Camariñas a espera de que o Porteño lle conceda a carta de liberdade.
Conta Pepucho cun plantel no que se mezcla a experiencia coa xuventude, así Juan o Vello, Moriño, Pombo... porán a experiencia e a sabiduría e os Bastian, Rodrigo, Brais... porán a garra e a ilusión.
Xa leva uns cuantos partidos de pretempada e o Camariñas está a dar a cara ante rivais de superior categoría como o Soneira ou os Xuvenís de liga nacional do Depor, onde perderon por 2 goles a 4 pero faltaron homes importantes.
Hai ilusión, hai gañas e hai equipo para que esta tempada poidamos disfrutar co Camariñas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.