1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xaviña FC. un proxecto consolidado na súa terceira tempada de andaina profesionalCando se lle dou a Isaac Caamaño por crear un club de fútbol da nada muitos ríronse del, algúns apostrofaban en público: "bah, que tolería", mentras que outros, paxaros de mal aguero, andaban preocupados en indagar de a ver onde ía quitar os cartos, pero agora cando o Xaviña FC está a piques de iniciar a súa terceira temporada de andaina competitiva faino máis forte ca nunca. Dous convenios firmados recentemente pola maior sabiduría futbolística da Costa da Morte aseguran o futuro do acorazado balompédico xaviñán: un, co FC Camariñas de colaboración e apoio mutuo, converte ao conxunto da parroquia kilométrica do noso concello, na lanzadeira dende a que en Terceira Rexional se foguearán e curtirán no esixente mundo da competencia competitiva ás xóvenes promesas do seu irmán maior camariñán; outro, asinado ca web máis seguida da historia da Costa da Morte, conleva que Camarinas.eu farase cargo, a semellanza do FC Camariñas, da elaboración desinteresada dos carteis oficiais dos encontros que o club xaviñán xogue na casa así como dun seguemento exhaustivo dos seus partidos caseros tal que aconteceu na súa primeira e lexendaria tempada no mundo da competición federada.

O arranque oficial do terceiro ano de existencia do club saído do maxín dun home que a semellanza dun Manuel Fraga ao que decían que lle cabía todo o Estado na cabeza cábelle todo un club nos miolos, será este domingo 19 de agosto no Estadio Hermanas Patiño contra o CF Porteño. E farao fiel ao seu clásico libro de estilo: só con xente da casa a semellanza dun Athletic de Bilbao respecto ao que non nos extrañaría que Isaac xa tivera asinado un preacordo con Fernando Llorente, e conforme aos valores xaviñáns de toda a vida, esto é, tradición, respeto, seriedade e traballo, moito traballo. Xogarán en Camariñas pero como se o fixeran na súa propia casa cunha aficción federada camariñano-xaviñana volcada que non regateará un só folgo en levar aos rapaces da parroquia máis extensa do concello á victoria. E alí estará Camarinas.eu para reflexar xornalísticamente os éxitos desta nova entente futbolística chamada a deparar días de gloria ao noso concello.

Cartel do encontro de presentación oficial do Xaviña FC, realizado por Diego Alonso Freire

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.