1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Abatido o Cuarte Industrial, a próxima estación do ascenso do Cerceda para en FuenlabradaTras o que constituío un atraco a man armada, o FC Camariñas puxo fin a unha tempada que non cabe tildar senón de exitosa. Baixo a sabia batuta dun home da casa, un camariñán de toda a vida, Pepucho, o conxunto da Vila das Palilleiras tras anos de fracasos sucesivos por fin foi quen de ascender á categoría que por historia, por categoría, lle corresponde: a 1ª Rexional. Lástima de Copa da Costa tan escandalosa roubada polas terras do Roncudo. Mentras tanto ao igual que ducias de equipos dos diferentes rincóns desta nación, a despeito dos feitos acontecidos tan vergozosamente no Estadio Vicente Calderón, que aínda se chama España (polo menos de nome) o Cerceda busca o ascenso á Segunda División B. Ascendido o Ourense, intentándoo duramente dende o Morrazo o Alondras, o terceiro dos equipos galegos en liza é o Cerceda de Juanillo. Eliminados os duros guerreiros do Cuarte Industrial, o rival a abatir agora é o campeón do grupo madrileño. O Fuenlabrada ten que ser a próxima víctima.

Esta xornada está marcada polo roubo recibido polos equipos do Concello. O Camariñas en Corme e o Porteño de veteráns en Malpica, viron como os árbitros de ámbolos encontros, non permitiron que pasasen á seguinte eliminatoria.

FASE DE ASCENSO A SEGUNDA DIVISIÓN B.
CERCEDA 1-0 CUARTE INDUSTRIAL

Partido que estaba marcado pola morte do noso utillero Manolo dous dias antes da disputa do mesmo. Foi unha semana moi dura onde unha persoa moi importante para nós, falecía despois de sufrir un derrame cerebral. Por todo elo, foi unha semana difícil e nós tíñamos que adicarlle unha victoria como fose. Foi duro e complicado, pero finalmente un gol de Moreira nos derradeiros minutos de encontro, dounos a victoria que estaba adicada a él, a MANOLO. O partido foi difícil debido ás circunstancias, pero o resultado que traíamos do partido de ida era moi favorable e axudounos moito.
Non foi un bó encontro o que fixemos, pero o esencial era pasar e así foi. Agora o sorteo deparounos que teñamos que xogar nesta eliminatoria de semifinais ante o Fuenlabrada, o campeón madrileño. O primeiro partido en Cerceda o próximo domingo ás 17:00 horas. Será difícil, pero temos que gañar por él, por Manolo Bello, Manolo do lavado como era coñecido en Cerceda.

COPA DA COSTA. 1/4 DE FINAL. VOLTA.
CORME 2-0 CAMARIÑAS

Derrota e o Camariñas queda fora inmerecidamente diante dun Corme que da man de Suso da Torriña xa comenzou a gañar a eliminatoria dende os despachos denunciando unha expulsión do xogador do Camariñas Juan o Vello que se producira fai máis dun mes e que impediu que o mellor xogador da liga estivese no campo para apoiar aos seus compañeiros.
Sabían dende Corme das baixas de Brais e David entre outros e prepararon ben o tema para impedir que Juan o Vello tampouco estivera dispoñible. O resto fíxoo o colexiado. Entendemos que un árbitro non pite un penalti porque non o ve, que non considere tarxeta unha acción determinada, que pite un fora de xogo inexistente porque pode fallar, arbitrar é difícil. Pero que non sepa o reglamento ou non queira sabelo eso é o colmo!!!!!.
Cando un colexiado sinala falta e mostra un cartón amarelo, ten que anotar o cartón e pitar para que se saque a falata, pois ben, este individuo, pita falta, amosa un cartón amarelo a un xogador do Camariñas e mentras o está anotando, sin ver siquera a xogada, o Corme saca e marca gol, él nin corto nin perezoso, da gol e a eliminatoria para o Corme. A partir de ahí, expulsados por parte do Camariñas, xogo parado e xa no desconto o segundo gol do Corme. Igual o Camariñas non pasaba, ocasións tivo, pero sen esa xogada clave, aínda quedaba tempo para un gol, un gol que sería o da victoria e o do pase. Fin da tempada. Agora toca preparar a seguinte nunha categoría que vai a ser dura.

COPA DE VETERÁNS
CAMARIÑAS 0-1 CASTRIZ

Derrota do Camariñas pola mínima ante un dos favoritos a levarse o título copeiro. Deu a cara en todo momento o Camariñas pero o resultado que traia do partido de ida era unha auténtica lose e imposible prácticamente de levantar. Fin de campaña para un Camariñas que conseguiu a permanencia en primeira e agora toca preparar a seguinte.

MALPICA 2-1 PORTEÑO
Ao igual que o Camariñas, o Porteño veu como como un colexiado influenciado polo presidente da asociación de veteráns da costa que é o presidente dos veteráns do Malpica, impedía que pasaran á seguinte eliminatoria. Viña o Porteño cunha vantaxe de 2-1, e neste encontro de volta cun gol de Pablo (Pepe para os amigos) todo parecía encarrilado para pasar este eliminatoria, pero todo cambiou no descanso. O presi do Malpica, o xefe de todo esto, entra no vestiario do árbitro a dar órdenes. A partir de ahí festival en contra do Porteño por parte dun colexiado que só lle faltou meter a punteira para marcar os goles. Lamentable actuación por parte dun e de outro, pois todos os equipos pagan unha cuota, pagan a uns árbitros para que traten de ser imparciais. O vivido en Malpica deixa moito que desexar. O final a eliminatoria decidiuse dende a tanda de penaltis na que a fortuna estivo de lado dos locais. Fin da tempada e a preparar a seguinte.

Esto foi todo canto dou a xornada. Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU,  a web que vive o deporte, a de ideas propias!!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.