- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 30 Mai 2012 30 Mai 2012

Hai unhas cantas semanas, fruto da colaboración interadministrativa entre o Concello de Camariñas e o de Vimianzo estaba prevista a realización dunha ruta de sendeirismo polas beiras do Río Grande. Nestas chegou o diluvio perpetuo de 40 días que inundou o mes de abril ao completo e a primeira semana de maio e desbotou os plans tan concienzudamente elaborados: unha crecida do Río Grande desbordou tódalas previsións e fixo imposible a camiñata. Por elo ambos concellos decidiron retomar a idea orixinal e así este sábado percorrendo a Senda Marina, Reira, e o Parque Eólico tiña lugar un sucedáneo da ruta de sendeirismo primixeniamente proxectada. Á mesma apuntouse todo o que quixo, veciños de un e outro lado da fronteira municipal, e así entre a alegre muchachada trotadora destacou cun entusiasmo e ahínco encomiables a asistencia de grandes colaboradores de Camarinas.eu como Pedro, Sefa ou o artista gráfico anteriormente coñecido como Juan Salvador Gaviota (JSG). Acometida a presente incursión sendeirística, queda pendente para datas futuras, unha vez calmadas as augas, a execución da ruta orixinal.




Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.