1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O FC Camariñas de Pepucho segue a contar os partidos por victoriasA pesares de acadar o ascenso cunhas cantas xornadas de antelación, o Camariñas de Pepucho, como si do flamante Campeón de Liga se tratase, segue a contar os seus partidos por victorias. Nembargantes nada parece suficiente polo que se rumorea para unha directiva empeñada en buscar un sustituto ao home que devolvío ao equipo da súa alma a 1ª Rexional. Pois nada, se a experiencia deste ano non resultou bastante, se se prefiere malgastar un feixe de cartos por ahí fora contratando a un pernas calquera atraído polo olor dos sabrosos billetes, alguén que cando veñan mal dadas (económicamente) non lle chegará Camariñas para fuxir espantado, pois adiante. A este paso o día menos pensado acaban contratando a Mourinho ou a Guardiola, que ademáis está actualmente no paro. Vaia dende Camarinas.eu o noso apoio máis total e absoluto a Pepucho, adestrador experto, persoa seria e sensata, camariñán ata os tuétanos, o home que se fixo cargo do club cando outros, contratados ao olor dos apetitosos billetes, deron a espantada.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 2-4 CERCEDA

Victoria importantísima e moi valiosa a que acadamos en Ordes na penúltima xornada ligueira que nos serve para colocarnos terceiros na clasificación a falta de unha xornada por se disputar a cal teremos que ganar para non pensar en posibles resultados que nós favorezcan.
Partido no que tivemos que remontar en duas ocasións, pois o Orede púxonos as cousas moi difíciles pero un gol de Franqueira e tres de Joselu, serviron para acadar unha victoria que de paso tamén hai que decilo, para tapar algunha boquita que nos viña criticando. Nótase o cambio de adestrador, agora o equipo ten confianza e sabe o que ten que facer no campo, sabe ao que xoga e iso é moi importante. A vindeira xornada recibimos ao Dorneda.

SEGUNDA REXIONAL
CAMARIÑAS 3-2 CORCUBIÓN

Victoria do Camariñas de Pepucho ante o Corcubión que serve para refrendar o ascenso acadado esta tempada polos Camariñáns. Partido no que ningún dos dous equipos se xogaba nada, tan só a honrilla e o Camariñas demostrou ser mellor. Yuyo por partida dobre e Carlos, foron os autores dos goles dun Camariñas que agora está centrado na Copa tras acadar o ascenso.
Decir que pese ao ascenso acadado polo Camariñas, parece ser que dende a directiva estase a ter contactos con algún adestrador de cara a vindeira tempada o cal nos parece mal, creemos que o Camariñas ten entrenador suficiente e así o demostrou acadando o ascenso. A próxima xornada, a última de liga o Camariñas ante O Pindo en Carnota.

TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA 0-1 PORTEÑO

Victoria do Porteño nun derbi moi disputado no que finalmente un gol de Ismael no minuto 87 servio para que os da Ponte do Porto levaran 3 puntos. Necesita unha carambola o Porteño para ascender, pois os resultados dos outros equipos implicados non foron para nada favorables. O Xaviña, está desecando que remate a liga  para facer unha pequena revolución e tratar de formar un equipo competitivo de cara a vindeira tempada. A vindeira xornada o Xaviña xoga en Outes e o Porteño recibe o domingo no seu campo da Grixa ao Laxe.

CAMELLE  4-1 SONEIRA B
Victoria do Camelle de Pupus ante o Soneira B nun encontro no que os Camelláns puxéronlle unha marcha máis e iso notouse no marcador final. Jose, Barreiro, Mario e Sergio, foron os autores dos goles do Camelle. A próxima xornada o Camelle xogará en Carballo ante o Independiente de Carballo.

COPA DA COSTA. 1/16 VOLTA.
CAMARIÑAS 0-1 BAIO

Derrota do Camariñas pola mínima nun partido soso no que a eliminatoria xa quedara sentenciada en Baio onde os de Pepucho traian unha ventaxa de 4 goles. Agora en octavos de final tocaralle ao Camariñas verse as caras có San Lorenzo, sendo o primeiro partido en Verdillo.

CAMELLE 0-3 CEE

Tocaralle ao Camelle de Pupus bailar coa máis fea, pois o Cee é un dos favoritos nesta copa e os Ceenses non lle deron opción algunha a un Camelle que pese a todo dou a cara en todo momento. Finalmente o 7-0 na eliminatoria final, fala da dieferencia entre ámbolos equipos.

SOFÁN 5-1 PORTEÑO
Ao igual que o Camelle, o Porteño de Gerpe quedou eliminado do trofeio da Costa debido a derrota en Sofán por cinco goles a un. O Porteño levaba unha ventaxa dun gol que finalmente non poido aguantar.

LIGA CADETE
PORTEÑO 0-2 SONEIRA

Derrota do Porteño de Ordóñez na penúltima xornada ligueira ante o Soneira, nun partido no que os da Ponte do Porto deron a cara e loitaron ata o final. Queda un partido para o remate da tempada no que o Porteño terá que visitar ao Santa Comba.

PONTECESO 1-1 CAMARIÑAS-OS LEÓNS
Empate do Camariñas de Sergio en Ponteceso nun partido no que os Camariñáns poideron lograr a victoria fácilmente pero a relajación e a falta de puntería xogoulles unha mala pasada. O gol do Camariñas foi obra de Carlos de Camelle. A última xornada, o Camariñas-Os Leóns recibe ao Muxía no Hermanas Patiño.

LIGA INFANTIL
ESTEIRANA 4-1 AS BALEAS

Derrota das Baleas de Vi en Esteiro nun encontro no que os locais tiñeron máis ocasións e dominaron máis que os Camariñáns. Queda unha xornada para os rapaces das baleas que levan un ano difícil, pois é o primeiro no que xogan ai fútbol 11 e iso notouse. Estou seguro de que esta experiencia vailles a servir de moito de cara un futuro próximo. A última xornada As Baleas reciben ao Carnota no Hermanas Patiño.

COPA VETERÁNS. 1/16 IDA.
CAMELLE 3-2 VIMIANZO

Dou a sorpresa o Camelle ante un Vimianzo que xogaba en primeira división e que chegaba a Camariñas con moitas fichaxes que finalmente non lle deron o resultado esperado debido a que o Camelle foi mellor. Os goles do Camelle foron obra de Manolo de Gelines en duas ocasións e de Yago. Agora tocará defender o resultado no partido de volta.

PORTEÑO 1-1 ZAS

Empate do Porteño de Mario ante o Zas que deixa as espadas en todo o alto da cara o partido de volta o cal decidirá cal dos dous conxuntos é o que pasa á seguinte rolda da copa de veteráns.

BUÑO 1-1 CAMARIÑAS
Empate do camariñas de javier que trae un bo resultado de Buño nun partido que estivo moi disputado.
Agora o vindeiro domingo no Hermanas Patiño o Camariñas non se debe de fiar para pasar á seguinte eliminatoria.

BALONMÁN FEMININO. COPA.
CATEGORÍA CADETE
LALÍN 21-25 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Victoria das cadetes Camariñanas que están a facer unha tempada fantástica e desta volta tumbaron ao Lalín. Partido no que Sara foi a máxima goleadora e con Karen na portería a un gran nivel, xunto con María e compañía, demostraron ser as merecedoras da victoria. Resta unha xornada para o remate da tempada, unha xornada que será unha festa das nosas onde seguro lle van a gañar as líderes, o Bueu. Partido que se xogará o sábado no pavillón do Areal.

CATEGORÍA INFANTIL.
LALÍN  24-18 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Non poideron emular as cadetes as nosas infantís e perderon ante o Lalín por 6 goles. Pese a derrota, magnífico o ano destas rapazas que nos están demostrando que o balonmán femenino en Camariñas ten futuro. A última xornada ao igual que as cadetes, as Camariñanas recibirán ao Bueu.

Esto foi todo canto dou a xornada. A vindeira semana rematarán moitas ligas e CAMARINAS.EU estará en cada unha delas para contarvos todo. Mandamos un saúdo especial ao “Bijotes” (que así foi como o bautizou o seu tío e jran amijo), que sempre está atento as nosas crónicas desde unha terra lonxana alá preto de Suiza, en Liechtenstein.

Comentarios   

Guardiola
0 # tamos siempre na mismaGuardiola 09/05/2012 21:34
Quero dar o meu apoio incondicional o meu amigo Pepucho,e aprobeitar e darlle un consello que no seu dia me deu un jefe meu,e que e mais certo que jesucristo!"Nun ca na vida unha persona sera profeta no seu pueblo"asi que nada,si o que fixo el o conseguiran outros estaban a alabalo todo o dia,pero como o conseguiu Pepuchiño,Nada! .
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.