1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O pasado domingo 29 de abril de 2012 o circo do Campeonato Mundial de Motociclismo facía unha parada no Gran Premio de Jérez e ao mesmo asistía como invitado especial un veciño procedente do Concello de Camariñas, en concreto da Parroquia de Xaviña. Estamos a falar do noso querido amigo Félix García Insua, o xoven empresario hosteleiro que dende maio de 2011 dirixe un dos locais máis exitosos de Santiago de Compostela: La Quintana. Precisamente, estar ao frente dun dos locais máis emblemáticos da hostelería compostelana, situado nun entorno de verdadeiro luxo, ao carón da mesmísma Catedral, foi a causa desencadeante de que a firma Philip Morris subministrara a Félix unha invitación especial para asistir ao maior espéctaculo motoclista da Terra: o Gran Premio puntuable para o Campeonato do Mundo que tiña lugar en Jérez.

Centos de miles de aficcioandos chegados dende diferentes puntos de Europa agolpábanse ás portas do circuito xa dende días antes á celebración do Gran Premio no que constitúe unha festa popular que inclúe centos de caravanas, milleiros de motocicletas de diferente cilindrada e perigosas carreiras polo casco urbano xerezano que obrigan a que os distintos corpos policiais se manteñan en constante alerta para evitar o drama. Nembargantes, nada de esto afectaba ao noso visitante xaviñán o cal poseedor dun pase especial movíose por tres días (de xoves a domingo) de xeito totalmente libre polos boxes do Gran Premio entre motos, modelos e pilotos: fotografiándose cos grandes campeóns (Espargaró e Capirossi), obtendo valiosos souvenirs debidamente asinados (Valentino Rossi, Nicky Hayden, Randy Mamola) ou paseando ao carón das esculturais damiselas que soen consolar aos pilotos entre carreira e carreira dos seus desvelos motocíclicos. Especialmente valiosa ademáis da foto co que á fin e á postre resultou gañador da carreira de Moto2, a xoven promesa catalana Pol Espargaró, foi a imaxe cunha lenda viva do motociclismo mundial, o veterano campeón Loris Capirossi, amén do casco asinado por Valentino Rossi, obviamente. Toda unha constelación de grandes campeóns que accederon gustosos a fotografiarse co xoven xaviñán que no derradeiro domingo de abril do ano do Noso Señor de 2012 asistío ao Gran Premio de Jérez: o maior espectáculo motociclista da Terra.



Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.