1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Segue o Cerceda de Juanillo a atravesar un duro bache de xogo e resultados. ¡¡Ánimos!!Se algo debe destacarse na xornada deportiva camariñana foi a nova desfeita balonmanística propinada polas rapazas da Escola Municipal que en dobre enfrontamento deron amplia conta do Rasoeiro, dobregando as súas rivais mecas por amplias diferencias.  As xogadoras cadetes e infantís da Escola de Balonmán estanse a convertir por dereito propio nas grandes estrelas deportivas de cada semana. Polo demáis, o Cerceda voltou do Salnés cunha nova derrota que lastra de maneira importante o seu futuro para a liquilla de ascenso, mentras o Camariñas como prolegómeno ao seu inicio na Copa da Costa perdía en Mazaricos. Agora que empeza o Tourmalet futbolístico, esa época na que todo un ano se xoga nunhas poucas competencias decisivas, toca espabilar e morrer sobre o campo (é un decir).

TERCEIRA DIVISIÓN
SANXENXO 2-1 CERCEDA

Derrota ante o colista da categoría nun mal partido que fai que agora mesmo esteamos fora dos postos que dan acceso a xogar a liga de ascenso. Estamos nun bache tremendo e o equipo necesita unha victoria xa para sair desta situación na que agora mesmo nos encontramos.
Moreira que reaparecía tras estar lesionado máis de dous meses, foi o autor do gol do Cerceda. A vindeira xornada preséntase como clave debido aos duelos directos que vai haber. Deste xeito necesitamos máis que nunca unha victoria diante do As Pontes o sábado no campo de O Roxo.

SEGUNDA REXIONAL
MAZARICOS 2-1 CAMARIÑAS

Derrota do Camariñas de Pepucho en Mazaricos tras unha mala segunda metade dos Camariñáns que pese a todo tiveron ocasións na primeira metade para cambiar o devenir do partido. Javi foi o autor do gol do Camariñas, un Camariñas que este sábado comeza a súa andaina na Copa da Costa e farao o sábado en Outes. Un día despois, o domingo, recibirá a partires das 18:00 horas ao Nantón nun partido que pode deixar aos de Pepucho as portas do ascenso.

TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 0-2 CARNOTA

Derrota do Camelle de Pupus ante o líder o Carnota nun encontro onde os visitantes mostraron moita dureza e o que é increible, o colexiado pitoulles máis de 20 faltas e non sacou ningún cartón amaralo ao equipo visitante. Nótase a quen hai que axudar e os árbitros están deixando moito que desexar á hora de inclinarse cara alguén, sempre o fan en contra do máis débil. Malestar no Camelle pola actuación arbitral nun partido onde o que se veu no campo foi unha máxima igualdade a pesar da diferencia na táboa clasificatoria. A maior pegada do Carnota foi a diferencia. O Camelle descansará esta semana.

PORTEÑO 5-0 AT. PEREIRIÑA
Voltaba o Porteño de Gerpe ao seu campo da Grixa e fixo da mellor forma, goleando a un Pereiriña ao que goleaou por cingo goles a cero. Seguen os de Gerpe sumando puntos mentres esperan o fallo de algún conxunto dos de arriba para tratar de achegarse máis aos postos de ascenso. Brais, Iago, Wi en duas ocasións e Tajes, foron os autores dos goles do Porteño. A vindeira xornada o Porteño xoga en Muxía.

INDEPENDIENTE 2-2 XAVIÑA
Empate do Xaviña de Pepucho en Carballo ante o Independiente nun partido no que o Xaviña puido levarse os 3 puntos. Partido no que novamente o árbitro foi o protagonista negativo do encontro, permitiu o xogo duro dos Carballeses motivo polo cal houbo algunha trifulca que finalmente non foi a máis. Juan Antonio e Frutos foron  os autores dos goles do Xaviña. A próxima xornada o Xaviña recibe ao Cerqueda,será o sábado a partires das 16:00 horas no Hermanas Patiño.

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS O-8 MALPICA

Derrota clara e contundente dos rapaces de De la Sierra. Estáselle a facer moi longa esta liga a un Camariñas que ten moi pouca xente e ten que xogar os seus encontros con numerosos cadetes. A próxima xornada o Camariñas xoga en Corcubión.

LIGA CADETE
CAMARIÑAS - CORISTANCO

Non se presentou a xogar o Coristanco motivo polo cal o Camariñas gaña o partido por 3 goles a cero. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Esteiro ante o Esteirana, será o venres ás 19:00 horas.

CEE 9-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Ordóñez na súa visita a Cee ante un dos equipos galiños da categoría. A diferencia entre ámbolos planteis veuse reflexada no marcador. A próxima xornada o Porteño recibe ao Muros.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 7-2 VIMIANZO

Victoria das baleas de Vi ante o Vimianzo nun partido no que por fin os rapaces  das Baleas demostroran o fútbol que lean dentro. Partido moi serio e moi ben xogado ante un rival que tamén conta no seu plantel ao igual que As Baleas con case tódolos seus compoñentes de primeiro ano, ahí e dondese igualan as forzas e se ve que os de Vi poden gañar a calquera. A vindeira xornada As Baleas xogan en Fisterra.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
BERGANTIÑOS 3-0 CAMARIÑAS

Derrota do Camariñas en Carballo ante o Bergantiños nun partido onde se enfrontaban 2 conxuntos que están a loitar por eludir o descenso. Mal partido do camariñas que finalmente non puido traer nada positivo de Carballo. A pesar de todo, o Camariñas xa salvou a categoría e o abxetivo está cumprido. Noraboa!!!. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Baio no Hermanas Patiño, será o domingo ás 11:00 horas.

SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 1-0 AUGALADA

Victoria do Camelle do Socho nun partido igualado no que finalmente un gol dos locais valeu para que o Camelle se levara os 3 puntos. Con esta victoria, o Camelle ponlle fin a unha mala racha de resultados e consigue 3 puntos para encarar a recta final de liga con máis moral. Esta xornada o Camelle descansará.

PORTEÑO 3-2 CLUB DO MAR
Victoria do Porteño de Mario ante o Club do Mar nun partido moi igualado no que finalmente o Porteño demostrou ter máis calidade e finalizou mellor as ocasións que tivo. Quédanlle 2 xornadas ao Porteño para rematar unha tempada na que acusaron o mal inicio ligueiro. A vindeira xornada o Porteño xogará en Coristanco.

BALONMÁN COPA.
CATEGORÍA CADETE
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 35-21 RASOEIRO

Partidazo das cadetes de Mónica que están demostrando o bo equipo que son e deron toda unha lección de como se xoga ao balonmán ante o Rasoeiro. Chapeau para todo o equipo porque estas rapazas teñen un futuro prometedor, cunha porteiraza como é Karen e cunha Sara que novamente voltou a ser a máxima goleadora con 20 goles. Ahí queda eso. A próxima xornada as camariñanas visitarán ao Salnés Meaño.

CATEGORÍA INFANTIL
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 25-12 RASOEIRO

Non quixeron ser menos que as cadetes e asi as infantís tamén deron a súa mellor versión para dobregar ao Rasoeiro nun partido sobresainte de todas elas tanto en ataque como en defensa. O balonmán feminino en Camariñas ten canteira e estase a demostrar. A vindeira xornada, as Camariñanas visitarán ao Salnés Meaño.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.