1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O FC Camariñas mantén o seu paso firme cara ao ascenso

A pesares da súa maior experiencia no mundillo da competición federada (un ano) un Xaviña FC que xogaba de local caío abultadamente frente o Camelle no derby da xornada. Por outro lado o Camariñas recuperado o paso firme en pos do ascenso non desperdicia oportunidades de ir aniquilando rivales mentras que o Porteño conseguía nesta xornada unha traballada victoria a domicilio en Montelouro. Pero tal vez de entre toda esta competencia futbolística destacou sobor de todos o encontro que ao decir dos presentes constituío unha auténtica homenaxe ao fútbol: un Fabril-Cerceda onde os de Juanillo acadaron un valioso empate no feudo do filial deportivista.

TERCEIRA DIVISIÓN
DEPORTIVO B 1-1 CERCEDA

Empate o que acadamos en Abegondo ante o filial Deportivista nun partido no que saimos durmindo e a proba delo témola en que aos 2 minutos xa íamos perdendo por un gol a cero. Repuxémonos a este mazazo e pronto comezamos a dominar e a controlar o partido motivo polo cal Souto tras unha xogada individual espectacular conseguía o gol do empate a un tanto.
No segundo tempo saímos a polo partido e gozamos de ocasións moi claras pero non estivemos acertados de cara ao gol. Un punto nun campo moi complicado que nos coloca segundos a 2 puntos do líder, o Ourense. A vindeira xornada recibimos ao terceiro clasificado, o Alondras.

SEGUNDA REXIONAL
CAMARIÑAS 1-0 ZAS

Victoria do Camariñas de Pepucho máis traballada do esperado ante un Zas que veu a dar moita guerra ao Hermanas Patiño. Dominou claramente o Camariñas na primeira metade e adiantaríase no marcador por mediación de Javi tras unha asistencia de juan o Vello.
Tivo o Camariñas ocasións para marcar e deixar sentenciado o encontro, pero como non foi así, nos últimos minutos o Camariñas pasou apuros debido a que o Zas a piques estivo de empatar o partido. Segue segundo o Camariñas a tan só un punto do Club do Mar. Destacar a baixa de Leo, o máximo artilleiro do Camariñas que fichou polo Dumbria. A próxima xornada o Camariñas ten un partido vital en Muros.

TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA 1-4 CAMELLE

Derbi moi disputado a pesar do que di o marcador final entre o Xaviña de Pepucho e o Camelle de Pupus. Non foi capaz o Xaviña de presentarse con 11 futbolistas para comezar o encontro debido as numerosas baixas por lesión e por motivos laborales, debido a iso, o Xaviña xogou con 10 e case toda a segunda metade con 9 por mor da expulsión de Elvis.
Adiantaríase o Xaviña no marcador cun gol de Diego. Despois en 8 minutos o Camelle conseguía darlle a volta ao marcador con 3 goles en moi pouco tempo, eso si, có 1-2 no marcador Martín fallaría unha pena máxima e sen dar tempo a case nada máis o Camelle marcaba o terceiro. Tras o descanso o Camelle marcaría o cuarto e novamente Martín marraría un penalti para o Xaviña. Felipe Barreiro cun hat.trick e René foron os autores dos goles do Camelle. A vindeira xornada o Xaviña xoga en Fisterra ante o Fisterra B e o Camelle recibe ao Laxe.

MONTELOURO 0-1 PORTEÑO

Valiosísima victoria do Porteño de Gerpe que con estes tres puntos segue con opcións de meterse na pelexa polos postos de ascenso. O partido foi moi disputado con ocasións para uns e outros e ao remate dos primeiros 45 minutos o marcador non se moveu.
Sería Piti o marcar un penalti claro por mans dun defensor local quen có seu tanto lle daría a victoria e os tres puntos a un Porteño que neste treito final de liga estase amosando moi forte e aínda non dixo a última palabra. A próxima xornada o Porteño recibe ao Volantes de Baño no Hermanas Patiño.

LIGA XUVENIL
SONEIRA 2-4 CAMARIÑAS

Victoria do Camariñas de de la Sierra ante o Soneira nun partido moi completo dos Camariñas. Presentábase o Camariñas no Municipal Vimiancés con moitos cadetes que tiñan así premio polo bó labor que están a facer de mans de sergio e deron a cara como o que máis. Victoria que é a primeira nesta liguilla de ascenso na que o Camariñas mereceu máis. A próxima xornada o Camariñas xogará en Baio ante o conxunto local.

LIGA CADETE
PORTEÑO 2-2 ZAS

Empate do Porteño de Ordoñez ante o Zas nun encontro onde o Porteño mereceu máis por xogo e por ocasións. Sairon moi metidos no partido os rapaces de Ordóñez e facento un bó xogo, deste xeito as ocasións non tardarían en chegar e os goles tamén. Tivo máis ocasións para gañar o Porteño pero finalmente non acertaron para batir ao meta visitante. A vindeira xornada o Porteño xoga o derbi local ante o Camariñas no Hermanas Patiño.

BAIO 4-1 CAMARIÑAS-OS LEÓNS

Derrota do Camariñas de Sergio en Baio nun mal partido no que o Baio foi superior ao Camariñas. Mostrábase moi disgustado Sergio cos seus pupilos xa que éstes non se amosaron como o verdadeiro conxunto que son motivo polo cal o adestrador Lugués estaba moi enfadado. A vindeira xornada toca derbi, será o Domingo a partires das 12 da mañán no Hermanas Patiño cando se enfronten o Camariñas e o Porteño.

LIGA INFANTIL
OUTES 3-1 AS BALEAS

Derrota das Baleas de Vi na Serra de Outes nun partido no que os Camariñáns deron a cara en todo momento e mostraron un xogo mello rao que viñan facendo últimamente. Ano difícil para As Baleas xa que tódolos xogadores son de primeiro ano e ademais hai que añadirlle que é a primeira vez que xogan ao fútbol 11. Pese a todo, hai que sacarlle o sombreiro a estes rapaces que pese as derrotas dan a cara en todo momento. Seguro que a experiencia que collen este ano vailles ser moi positiva para a próxima xornada. A próxima xornada, o Domingo no Hermanas Patiño, As Baleas recibe ao Ponteceso.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-2 PONTECESO

Empate do Camariñas ante o Ponteceso nun partido moi disputado e moi igualado no que finalmente reinaron as táboas. Un puntiño máis para que o Camariñas se acerque a salvación e consiga manter a categoría. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Verdillo ante o San Lorenzo.

SEGUNDA DIVISIÓN
MUROS 3-1 PORTEÑO

Derrota do Porteño de Mario que ve como deste xeito se trunca unha moi boa racha de resultados que viña obtendo últimamente. Pese a todo, o Porteño tivo opcións dun resultado mellor xa que tivo ocasións e tamén dominou en moitas fases do encontro. A próxima xornada o Porteño xoga en Vimianzo ante o Soneira.

MALPICA 2-0 CAMELLE
Derrota do Camelle do Socho nun partido onde o Camelle non tivo o seu día e a derrota non ten paliativos. Están a pasar por un pequeño bache que esperemos o Camelle poida deixalo atrás e voltar a senda da victoria esta vindeira xornada onde reciben no Hermanas Patiño o sábado as 19:00 horas ao Leiloio.

BALONMÁN. COPA.
CATEGORÍA XUVENIL MASCULINA

Tralo empate acadado en Tuí, o Camariñas voltará a descansar esta vindeira xornada.

CATEGORÍA CADETE FEMENINA
CARBALLAL 36-29 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Derrota das cadetes de Mónica nun partido no que foi máis igualado do que di o marcador final. Plantaron cara a un rival duro as Camariñanas que tiñeron en Sara Carril a máxima goleadora do encontro. Queremos manderlle un saúdo especial a unha gran xogadora como é Karen, que esta semana tivo uns problemitas de saúde e desexamos que lle pasen pronto. A vindeira xornada as Camariñanas reciben ao Lalín no Pavillón do Areal.

CATEGORÍA INFANTIL FEMENINA
PABELLÓN OURENSE 28-22 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Derrota das infantís Camariñanas en Ourense nun partido onde as de Mónica non estiveron moi acertadas en ataque. Están a facer unha gran segunda fase e esta derrota non ten que influir nos ánimos das nosas máis pequechas. A vindeira xornada, as Camariñanas reciben ao Lalín.

Ata aquí todo canto dou a xornada. CAMARINAS.EU é a web que nos informa do deporte no Concello, a de ideas propias, a de todos.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.