- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 19 Marzo 2012 19 Marzo 2012
Despois do éxito total da I Carreira Pedestre da historia de Camariñas, a Concellería de Cultura e Deportes xa traballa na que será a súa próxima iniciativa. Así, segundo puido saber Camarinas.eu, este sábado 24 de marzo na Casa do Concello está prevista unha reunión entre o Concelleiro Juan Manuel Cabrejo Pasantes e a Peña Ciclista dos Baikers do Vilán para tratar de deseñar a que será a I Ruta BTT da Caramiña. Un percorrido que aproveitando algunhas das paraxes máis fermosas e inexploradas da Costa Galega está pensado para atraer cara ás nosas terras o maior número de visitantes posible amén de deixar deseñado no calendario da mountain bike unha ruta inigualable. Para elo Juanillo, fiel ao seu costume (tal e como aconteceu recentemente con Jose Manuel Rodríguez Tajes) de rodearse dos maiores expertos municipais en cada campo, reúnese cos membros dos Baikers do Vilán para aproveitar a súa experiencia e coñecementos como infatigables exploradores dos distintos vieiros ciclistas da Costa da Morte. Unha iniciativa que, polo que se ve, parece levar camiño de convertirse noutro éxito rotundo.

