1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juan Cabrejo fai unha defensa de Camarinas.eu ante os intentos de intimidación dalgúns políticos

Nunha das semanas con máis traballo do ano (ahí está a impecable labor desenrolada con motivo da organización do Entroido do 2012 dende a Concellería de Cultura e Deportes) Juanillo non faltou á súa cita habitual cos lectores de camarinas.eu. Aínda que coñecendo a este bravo fillo do barrio de Corea non ten por que sorprender: se nunca antes fallou ao seu compromiso ca web máis vista da historia da Costa da Morte, menos o ía a facer agora que líderes políticos, versións acabadas e esperpénticas de mafiosos de Chicago anos 30 (ben enchoupadas en vasos de viño tinto, eso sí), se adican a asaltar negocios privados ameazando a honrados comerciantes. Pero en fin ¿que lle imos a descubrir a un deportista, exemplo a seguir para tódolos camariñáns  pola súa carreira profesional, política e persoal, que xa foi obxecto dos peores insultos e infamias por parte do político habitual perdedor de eleccións de todo tipo, agora metido a sacamantecas profesional, okupaclubnáuticos e asaltador de negocios particulares, e de toda a súa cuadrilla pseudomediática?

 

TERCEIRA DIVISIÓN

RACING DE FERROL 0-0 CERCEDA
Partido con pouco futbol e moita garra o que disputamos en Ferrol ante un conxunto local que a principios de liga estaba chamado a pelexar por gañar a liga debido a súa historia e o seu presuposto, é o mayor da categoría, pero que por cousas do fútbol, non é unha ciencia exacta, está a case 30 puntos de nós que somos os líderes e tan só a 4 do descenso.
Partido foi duro e intenso e no que non tivemos apenas ocasións de gol, tan só unha cegada clara que remata Joselu que se vai fora por moi pouco. Un punto máis que serve para manter o liderato, pois o Ourense empato una casa ante o Cultural Areas e deste xeito continúa a 1 puntiño de nós. Partidazo o da vindeira xornada, recibimos ao Ourense en Cerceda. Será o vindeiro Domingo ás 17:00 horas.

SEGUNDA REXIONAL

CAMARIÑAS 1-1 MALPICA
Empate do Camariñas de Pepucho ante o Malpica nun paretido moi disputado ante u Malpica que levaba 9 victorias seguidas. Tiña a victoria na man o Camariñas, pois un gol de Javi adiantaba aos locais e tan só faltando 5 minutos, o Malpica conseguía o tanto do empate. Agora o camariñas é segundo a 2 puntos do Club do Mar, polo que o partido próximo no que o Camariñas visitará o campo de Ara Solis en Fisterra o próximo sábado, pode ser vital, tendo en conta que o Club do Mar terá que enfrontarse ao Fisterra e Malpica en datas vindeiras.

TERCEIRA REXIONAL

PORTEÑO 1-1 ALCAIÁN
Novo empate do Porteño de Gerpe desta vez diante dun Alcaián que demostrou ser un conxunto duro de batir. Comezaba o encontro o Porteño un tanto despistado e o Alcaián adiantábase no marcador moi pronto. O Porteño tirou de casta e Brais lograba empatar o partido ao transformar un golpe franco directo. Tras o descanso o Porteño intentouno pero non puido superar a un Alcaián que non lle perdeu a cara ao encontro. A vindeira xornada o Porteño descansará.
CAMELLE 1-3 CORISTANCO
Derrota do Camelle de Pupus ante o Coristanco nun partido no que o Camelle costoulle moi caro o mal primeiro tempo que fixo. Pesoulle moito ao Camelle chegar ao descanso perdendo por un gol a tres. Marío foi o autor do gol de Camelle que tranformou un penalti que servia para empatar o encontro momentáneamente a un gol, pero o Coristanco aproveitaría erros dos locais para conseguir dous goles máis e levarse o triunfo. No segundo tempo o Camelle intentaría acortar distancias pero o marcador non se movería. A vindeira xornada o Camelle recibe ao At Pereiriña o sábado no Hermanas Patiño.
XAVIÑA
Descansou o Xaviña aesta xornada pasada. A próxima enfrontarase ao Laxe como visitante.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
MALPICA 7-2 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas en Malpica por un resultado abultado na liguilla de ascenso xuvenil. Adiantou a vindeira xornada a onte martes de carnaval e o Camariñas perdeu na casa diante do Corcubión por dous goles a un.
LIGA CADETE
PORTEÑO 2-2 FISTERRA
Empate do Porteño de Ordoñez ante o Fisterra polo que os da Ponte do Porto suman o seu segundo punto da tempada. Partidazo o que fixo o Porteño que mereceu máis e que está demostrando que cada xornada van a máis. A próxima xornada o Porteño xoga en Ponteceso.
MUROS 2-2 CAMARIÑAS OS LEÓNS
Partidzo novamente dos rapaces de Sergio que remontaron dous goles na súa contra e que mereceron levarse os tres puntos xa que dispuxeron de numerosas ocasións para gañar o encontro. Martín de Camelle e Carlos González foron os autores dos goles dos Camariñáns. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Cabana, o partido terá lugar no Hermanas Patiño o sábado as 10:00 horas.
LIGA INFANTIL
BAIO 0-1 AS BALEAS
Victoria das Baleas en Baio depois de que os rapaces de Vi fixeran un auténtico partidazo. Tres puntos para sumar no casilleiro e sobre todo, moita ilusión e máis gañas para afrontar vindeiros encontros. Nótase a mellaría a medida que van pasando as xornadas e iso nótase no terreo de xogo. A próxima xornada as Baleas reciben ós Miudos . Será o domingo ás 10:30 horas no Hermanas Patiño.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-1 BUÑO
Partido que era unha auténtica final para o Camariñas no intento de eludir o descenso, pois o Buño é o colista e había que gañarlle como fose. Victoria importantísima e agora o descenso está a 7 puntos e a salvación está máis cerca que nunca. A próxima xornada o Camariñas visitará ao San Román.
SEGUNDA DIVISIÓN
CERQUEDA 1-2 CAMELLE
Victoria do Camelle na casa do terceiro clasificado demostrando que o Camelle é un dos conxuntos revelación da categoría. O equipo do Socho dou un recital en Cerqueda e o resultado foi moi corto, xa que o Camelle tivo numerosas ocasións de gol. Manolo Bajeras e José Manuel foron os autores dos goles. A vindeira xornada o Camelle recibe o domingo en horario matinal ao At. Milagrosa.
LEILOIO 1-1 PORTEÑO
Empate do Porteño de Mario en Leiloi nun encontro no que o Porteño dominou na maior parte do mesmo e o punto que trouxeron igual sabe a pouco. Están mellorando o nivel de xogo e as victorias caerán próximamente. A próxima xornada o Porteño recibirá ao Sofán, será o sábado a partires das 19:00 horas no Hermanas Patiño.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

CATEGORÍA CADETE FEMENINA
ECOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 27-45 CINCO JOTAS LAVADORES
Perdoron as Camariñanas ante o mellor equipo da categoría a pesar de que as Karen, Sara e compañía deron a cara en todo momento, pero as visitantes foron superiores e mereceron a victoria. Rematou a liga e agora está todo preparado para que comece a Copa.
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 22-29 CINCO JOTAS LAVADORES
Perderon as nosas infantís ante o Cinco Jotas nun partido moi disputado e no que finalmente as visitantes estiveron máis acertadas nos seus lanzamentos exteriores. Remata deste xeito a liga e comeza tamén a Copa para as infantís Camariñanas. Na categoría Masculina, tanto cadetes como xuvenís comezarán o torneo Copeiro a partires do 4 de marzo. Desexámoslles a todos conxuntos toda a sorte do mundo.

Esto foi todo canto dou a xornada. Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web do deporte, a de ideas propias, e a que non se vai amedentrar fagan o que fagan!!!.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.