1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juan Cabrejo, o artífice das grandes citas deportivas na Costa da Morte

Corren días dunha intensidade nunca antes vista na Concellería de Cultura e Deportes de Camariñas. Á batería de proxectos e iniciativas postos en marcha recentemente sumáselle agora, fruto da colaboración entre Juan Manuel Cabrejo Pasantes e José Manuel Rodríguez Tajes, a organización da I Carreira Pedestre Popular da historia de Vila das Palilleiras. Un certame diseñado seguindo as directrices dun dos máis expertos corredores da Costa da Morte que non dubidou en axudar a diseñar un itinerario de 10 kilómetros, esixente, con tramos de asfalto e outros de terra, pero que permitirá aos participantes contemplar algunhas das paraxes máis fermosas da terra, en especial as comprendidas entre o Monte da Pedrosa e o cruce de Reira, algo que segundo José Manuel dotará de alas aos pes dos corredores. Estímase que entre 250 e 300 persoas entre participantes e familiares poderían achegarse por Camariñas na mañán do domingo 4 de marzo, co que elo pode supoñer para a economía do noso concello. Agora só hai que esperar que o tempo acompañe para que poidamos desfrutar do máis grande certame atlético de toda a nosa historia. Xa o dixo camarinas.eu no seu día: era chegado o momento de recoñecer institucionalmente a José Manuel Rodríguez Tajes todo o seu esforzo, o seu exemplo, por todo o que este gran mediofondista camariñán ten realizado a prol do desenrolo e difusión do deporte. A Concellería dirixida por Juanillo recollío o guante lanzado por esta web e así a realización da proba virá precedida dunha pequena homenaxe ao home que fixo do atletismo un modo de vida.

E si por un lado as iniciativas exitosas sucédense sen descanso por outro comenzan a chegar os recoñecementos a labor desenrolada por Juanillo: segundo acaba de coñecer camarinas.eu a Federación Galega de Ciclismo ven de conceder un premio especial ao Concello de Camariñas pola impecable organización da etapa da Volta a Galicia que saío da nosa vila así como pola novedosa iniciativa de facela coincidir co Día da Bicicleta, motivo polo cal o alcalde Pichurri e Juanillo están convocados a un acto a celebrar este sábado 11 de febreiro no Auditorio de Sanxenxo para recibir un galardón que premia unha forma de xestionar o deporte, premio que o noso concelleiro comparte con todas e cada unha das empresas patrocinadoras que no seu día fixeron posible que unha etapa da Volta a Galicia recalase na nosa terra: Conservas Boya, Siavi, Construcciones Martínez Rial, Construcciones José María y José Ángel, Construcciones Casal, Pescados Pedreira, Frigoríficos Canosa e Obras y Construcciones José Antonio Cerceda. Que siga la fiesta.

Comentarios   

kinos
0 # RE: I Carreira Pedestre de Camariñaskinos 02/02/2012 20:02
Noraboa juanillo polo traballo que esta desenvolvendo,u n exemplo a seguir!!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.