1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Camariñas segue a súa boa rachaNon contento con plasmar xornalísticamente en camarinas.eu cada xornada a andaina de todo deportista camariñán, dende infantís ata veteranos, ao longo dun percorrido xeracional  entre os 5 e os 50 anos, que o derradeiro domingo disputase un encontro de competición federada ben en fútbol ben en balonmán, Juanillo incluso ficha novas redactoras deportivas para o xigante mediático da Costa Atlántica. Este é o caso de Sara Carril Rey que se encargará de agora en diante de manternos informados das xestas deportivas da Escola Municipal de Balonmán e que se estreou como redactora de camarinas.eu marcando nin máis nin menos que ¡17 goles! no partido que o equipo infantil camariñán solventaba sen maiores problemas na sureña Moaña. Unha xove reporteira que de seguro o fará tan ben nas crónicas deportivas como nos terreos de xogo.

Xornada na que a sección de deportes estrea a colaboración dunha nova fichaxe , trátase de Sara Carril Rey que nos informará das seccións masculinas e femininas da Escola Municipal de balonmán do Concello de Camariñas, toda unha gran xogadora que promete moito, tanto a nivel deportivo como periodístico. Gracias Sara e benvida!!!

TERCEIRA DIVISIÓN
BERGANTIÑOS 0-2 CERCEDA

Victoria do Cerceda no derbi disputado en Carballo o pasado domingo por un resultado claro. Partido no que o Cerceda foi superior e yivo controlado o encontro durante os 90 minutos de xogo. Adrián Vázquez marcaría o primeiro gol e o segundo foi obra dun xogador do Bergantiños en propia porta. Tres puntos máis que nos afianzan no liderato, agora somos líderes en solitario tras os pinchazos do Ourense e Alondras. A próxima xornada recibimos ao Lalín no campo de O Roxo en Cerceda.

SEGUNDA REXIONAL
BUÑO 0-3 CAMARIÑAS

Victoria clara e contundente do Camariñas de Manolín en Buño ante o conxunto local por un marcador de cero goles a tres. Partido no que o Camariñas non quixo sorpresas como pasara na primeira volta onde se veu sorprendido polo Buño, e dende o pitido inicial, o Camariñas demostrou que viña a polos 3 puntos para seguir na loita de poder a poder que está levando a cabo có Club do Mar. Marcaron os xa coñecidos como os tres tenores, Leo, Juan Vello e Brais, os goles para o conxunto da terra do encaixe. A próxima xornada o Camariñas xoga en Sofán.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 1-1 FISTERRA B

Empate do Porteño de Gerpe que lles sabe a pouco aos da Ponte do Porto nun partido onde o Porteño conseguiu o gol do empate no minuto 90. Non está tendo sorte cas arbitraxes o Porteño xa que unha vez máis o colegiado da contenda non usou os mesmos criterios nas duas áreas e non pitou un claro penalti a favor dos locais. O Fisterra B adiantouse no marcador e o Porteño dispuxo de ocasións para empatar pero fallounas. Decir que o Fisterra B puido sentenciar o choque antes da xogada en tempo de desconto na que chegou o empate dos locais por medio de Brais. A vindeira xorna o Porteño xoga en Vimianzo ante o Soneira B.
CORISTANCO 6-2 XAVIÑA
Derrota do Xaviña de Pepucho ante un dos favoritos ao ascenso onde o marcador final non reflexa o visto no terreo de xogo. Afrontaba o Xaviña este encontro con numerosas baixas e pese a elo, dou a cara en todo momento ante un conxunto dos chamados galiños da categoría. Diango e un gol dun rival en propia meta foron os autores dos goles para o Xaviña. A próxima xornada, o Xaviña recibe no Hermanas Patiño ao At. Pereiriña, partido que se xogará o Domingo ás 16:30 horas.
OUTES 3-2 CAMELLE
Chegaba o Camelle con novo adestrador, estreábase no banco camellán Angel máis coñecido como “Pupus”, e o Camelle rozou a machada ante o todopoderoso Outes ao que dominaba por cero goles a dous. Nótase que os árbitros saben quen é o equipo pequeno e non dubidan en axudar ao grande e poderoso como así aconteceu, pois expulsou rigurosamente ao camellán Coruña e pitou un penalti inexisitente que axudou a que o Outes remontara. Jose e Felipe Barreiro foron os autores dos goles do Camelle, un Camelle que recibirá o vindeiro sábado a partir das 17:00 horas no Hermanas Patiño ante o Corcoesto.

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 10-0 MUXÍA

Como un auténtico ciclón pasou o Camariñas por enriba dun Muxía que se veu superprado de principio a fin. Afianzou por si había dúbidas o Camariñas de de la Sierra a súa presencia na liguilla para loitar polo ascenso esta pasada xornada goleando a un débil Muxía. Martín, Yuyo, Nené, Manuel, Saviola cun auténtico golazo de libre directo, foron algúns dos goleadores do encontro. Queda unha xornada ligueira na que o Camariñas xogará en Ponteceso un partido de trámite o próximo sábado.

LIGA CADETE
CAMARIÑAS OS LEÓNS 7-2 ZAS

Victoria do Camariñas de Sergio que goleou ao Zas nun partido onde os Camariñáns foron superiores. Carlos de Camelle con 5 goles, Juan de Arou e Carlos González foron os autores dos goles dos Camariñáns que a vindeira xornada descansarán.
PORTEÑO
Descansou o Porteño que esta próxima xornada xoga en Dumbria.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 1-4 CORME

Derrota das Baleas ante o Corme nun partido onde os rapaces de Vi mereceron algo máis. Pese as derrotas, os rapaces seguen con toda a ilusión do mundo po xogar cada un dos seus encontros. A próxima xornada As Baleas descansarán.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 4-1 VIMIANZO

Victoria de ouro a que acadaron os veteráns do Camariñas que preside Javier ante un rival directo no que estaba en xogo evitar o descenso de categoría. Partidazo do Camariñas que foi moi superior e deste xeito consigue aumentar a ventaxa con respeto aos postos de descenso. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Carballo ante o Xuv. Bergantiños.
SEGUNDA DIVISIÓN
AT. MILAGROSA 2-0 PORTEÑO

Derrota do Porteño ante o At. Milagrosa nun partido moi disputado e onde os da Ponte do Porto pudieron traer algo positivo de terras Carballesas. Non están acompañando os resultados últimamente ao Porteño nestas derradeiras xornadas. O próximo encontro do Porteño será ante o Deportivo Carballo o vindeiro Domingo no Hermanas Patiño.
CERQUEDA O-1 CAMELLE
Victoria moi traballada a do Camelle do Socho que afrontou o encontro cós homes xustos. Partido serio no que o Camelle logrou unha merecida victoria. A próxima xornada o Camelle xogará ante o Club do Mar o domingo no Hermanas Patiño.

BALONMÁN
LIGA XUVENIL MASCULINA
PABELLÓN OURENSE 34-26 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Derrota dos xuvenís Camariñáns ante o Pabellón Ourense nun encontro que estivo máis disputado do que di o marcador final. Estamos seguros que as victoria chegarán esperando que sexa no próximo encontro no que os Camariñás reciben ao S.A.R.
LIGA CADETE MASCULINA
Descansaron os cadetes do Camariñas esta xornada. A próxima xornada reciben ao S.A.R.
LIGA CADETE FEMININA
Antes de nada, pedir disculpas porque a semana pasada dixemos que tanto as cadetes como as infantís do Balonmán Camariñas descansaran e non foi así. No momento de publicar a noticia a Federación Galega de Balonmán, non publicara os resultados e cando iso pasa, normalmente é porque non se xogaron os encontros previstos. Pero por iso temos a nova fichaxe estrela, unha rapaza xoven pero experta en balonmán como é Sara Carril Rey que me puxo ao dia dos acontecementos e nos comunicou que a pasada semana xogáronse en Moaña os partidos das cadetes e das infantís.

MOAÑA 26-28 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Victoria por todo o alto das cadetes camariñanas nun partido onde a nosa nova reporteira Sara Carril Rey marcou nada máis e nada menos que 17 goles!!!. Ahí queda eso. Ela fálanos de que os goles persoais non é o importante, se non a victoria do equipo (ter humildade é vital para chegar lonxe, e a nosa nova redactora dende logo que a ten). Sara quere destacar a todas as súas compañeiras, corpo técnico e directiva, posto que según ela nos di, todos son un equipo (que ben fala esta rapaza, xa quixeran algúns adultos falar como ela). Quere que fagamos unha mención especial das súas compañeiras porque todas son importantes, compañeiras como Karen Rodríguez Carril (que este ano púxose de porteira e ¡que porteiraza!), Sara Ameal, Susana Piñón, María Oanes, Silvia Canosa, Cristina Blanco, Sandra Blanco, Karina Romar e Julia Rodríguez que xunto a nosa nova redactora deportiva, forman o conxunto cadete femenino do balonmán Camariñas. O pasado sábado 21 de xaneiro deberíase haber xogado os encontros de categoría Cadete e infantil entre o Balonmán Camariñas e o Porriño, pero estes encontros aprazáronse para a vindeira xornada, que se disputará o sábado 28 no pabellón de Ponte do Porto.

LIGA INFANTIL FEMENINA
MOAÑA 32-16 ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS BALONMÁN

Perderon as Infantís Camariñanas ante un equipo que foi superior. De tódolos xeitos, Sara quere recordar que estas infantís, as Minia Calvo, Mariám Sambade, Miriam Lobelos, Paula Tedín, Talía Romar, Isabel Baña, Laura Castro, Alicia Rodríguez e Rocío Rojo van a gañar moitos partidos. A próximo será o sábado 28 ante o Porriño no Pabellón da Ponte do Porto.


Ata aquí todo canto dou a xornada. Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU a web de todos, a de ideas propias e a que vive o deporte!!!


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.