1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As nosas palillieras suben postos na taboa clasificatoria

O BM Encaixe Camariñas obten o 5º posto nesta primeira ronda fronte o Bueu Atlético a falta dunha xornada con un 25-24. Trala retirada do Bm Sárdoma que permite puntuar, deixa unha xornada de descanso para preparar a segunda fase. As Camariñanas sairon o terreo de xogo motivadas e con ansias de victoria. Así o demostraron durante todo o encontro aínda que en ocasións as visitantes intentaron marcar o ritmo poñéndose por diante no marcador, pero non foron capaces. A rápida reacción das do Encaixe con unha defensa basada nos blocaxes e marcaxes a pivote sentenciou o partido. As xogadoras de Mónica Barreiro pasan a disputar a segunda fase desta liga enfrontándose os 4 últimos do outro equipo: Bm Caselas, Narón, Bm Lalín e Pabellón de Ourense onde se xogaran do posto 9 o 16. “O noso obxetivo de cara a esta segunda fase plantexada dende o Clube, e obter ese 9º posto que dará  opcións a un novo plantexamento de cara a tempada seguinte” comenta a adestradora.

BM ENCAIXE CAMARIÑAS: Sandra (gardameta); Laura (5); Juana (1); Aida (11); Karina (3); Verónica;Alicia (1) (equipo inicial); Cristina Sande; Cristina Caamaño (1); Yolanda (1); Fátima Campaña; Ivana e Cristina Barreiro (2).
BUEU  ATLETICO: Laura (gardameta); Andrea (3); Sonia (7); Elena (1); Sara (2); Laura; Fátima 84); Tara (2); Laura Loita; Antia (1); Tamara; Sara (4); Alexandra.
Arbitro: Víctor M. Rivera Díz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.