1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os Baikers do Vilán á súa chegada a Catedral de Santiago

Como xa viña decindo un querido amigo desta redacción dende hai anos, "Camariñas está cheo de Presidentes, Directivos, Secretarios, etc..". E é que non hai máis que ver a actividade asociativa destas terras camariñanas para corraborar as palabras deste noso querido amigo. É moi raro toparse pola calle con unha persoa que nunca pertencera a unha destas directivas ou formara parte de algunha destas sociedades como secretario, presidente, directivo, etc...  Así e todo da gusto ver como se desenrolan estas asociacións e grupos de xente que tentan realizar un ben á comunidade. Por outra parte tamén cabe destacar que lamentablemente non todas as iniciativas asociativas se organizan para realizar actividades dunha forma desinteresada e altruista se non que en algúns e aillados casos tan só se busca o interés persoal de algúns directivos listillos.

En fin, afortunadamente este non é o caso dos nosos compañeiros cicloturistas da "Peña Ciclista Baikers do Vilán" a cal non se divide por socios e directiva, se non que se une en amigos. Peña ciclista que despois de percorrer a pedales tódolos recunchos da Costa da Morte deron o salto cualitativo hacia metas máis elevadas. Así este sábado pasado xuntáronse varios dos integrantes desta peña para facer un percorrido que os levou dende a Praza de San Xurxo de Camariñas ata a mesmísima Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Unha ruta de caseque 90 kilómetros de curvas, costas arriba, baixadas espeluznantes e springs ao máis puro estilo das mellores etapas do Tour de Francia que rematan con un abrazo baixo a máis espectacular das catedrales españolas. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa aos nosos amigos da Peña Ciclista Baikers do Vilán e animalos a que continúen con esta boa iniciativa que mezcla amizade e deporte. Noraboa amigos!

{phocagallery view=category|categoryid=795|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.