1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Pepucho estrénase co Xaviña FC cunha importantísima e decisiva victoria ante o Alcaián

Volve a xornada futbolística acontecida no Concello de Camariñas da man do mellor xogador da historia da Costa da Morte Juan Cabrejo "Juanillo". Unha xornada que nos trae a xa habitual victoria do FC Camariñas que leva unha racha demoledora. Un inesperado empate do Cerceda do noso querido Juanillo na casa, sendas derrotas do Camelle e do Porteño e o sorpresón da xornada que foi protagonizado polo Xaviña FC. O equipo patroneado polo Sabio Isaac que extrenou esta semana novo adestrador xa que foi outro crack do fútbol da costa coma Pepucho o que recolleu as rendas que deixou esta semana outro mito como o é o indiscutible Camuel. Así e todo foi chegar Pepucho e levarse ao peto o Xaviña unha importantísima victoria que enche de ánimos a toda a parroquia xaviñana e que debe de poñer un pouco de tranquilidade nas filas que adestra Pepucho. Todo esto "y mucho más" na crónica semanal que escribe o noso redactor en xefe da sección deportes de Camarinas.eu Juan Cabrejo "Juanillo". Todo un crack ao servizo de todos os camariñáns.
TERCEIRA DIVISIÓN

CERCEDA 1-1 SOMOZAS
Empate que sabe a puco o que obtivemos na casa ante o Somozas nun encontro donde as decisións arbitrais na nosa contra foron decisivas.
Có 0-0 no marcador, houbo dous penaltis clarísimos ao noso favor que viron tódolos asistentes ao campo menos o colexiado da contenda.
Certo é que non fixemos un bó partido, pero forn méritos de abondo para levar os 3 puntos.
O goleador do Partido foi Emmanuel.
O vindeiro partido será o martes 6 ante o Ordes, un Ordes que chegará cun gran amigo no banquillo, con Nacho.

SEGUNDA REXIONAL

NANTÓN 0-2 CAMARIÑAS
…E xa van non sei cantas victorias seguidas do Camariñas de Manolín que desta vez venceu en Nantón.
Non foi un partido dos mais brilantes o que fixo o Camariñas, pero chegoulle para sacar outros 3 puntos que fan que o primeiro posto quede ben amarrado.
Leo e Juan o Vello foron os autores dos goles do líder, un líder solvente que o está a demostrar xornada tras xornada.
A vindeira xornada, o Camariñas recibe ao Castriz no Hermanas Patiño o vindeiro Domingo as 16:15 horas.

TERCEIRA REXIONAL

CAMELLE 2-4 FISTERRA B
Perdeu o Camelle na casa ante o Fisterra B un encontro que no descanso xa estaba sentenciado, pois os visitantes gañaban por cero goles a catro.
Na segunda metade o Camelle estivo mellor e René nos derradeiros 10 minutos de encontro conseguiu maquillar un pouco o resultado.
Tense que animar o Camelle porque estamos seguros que as victorias van a voltar a chegar.
A próxima xornada, o martes 6 de decembro o Camelle xoga en Vimianzo ante o Soneira B.
XAVIÑA 2-1 ALCAIÁN
A entrenador novo, victoria segura!!!. Cumpliuse o famoso dito e PEPUCHO o novo adestrador do Xaviña, debutou con victoria nun encontro no que os Xaviñáns tiñan 4 baixas moi importantes.
Partido serio do Xaviña que tivo que remontar un gol en contra.
Elvis primeiro e Búa despois, foron os autores dos goles do Xaviña.
A vindeira xornada o Xaviña terá derbi, o martes ás 16:00 horas no Hermanas Patiño enfrontarase ao Porteño.
CABANA 1-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Gerpe en Cabana nun partido xogado de poder a poder.
Partido moi disputado e moi físico entre dous grandes equipos que queren ascender.
O Cabana error unha pena máxima na primeira metade, Asiel atallou o lanzamento dende os 11 metros.
Na segunda metade, o Cabana metería o gol e o Porteño merecería o empate xa que acosou no último tramo do partido o marco local pero sen sorte de cara a gol.
A próxima xornada, o Porteño recibe ao Xaviña, derbi no Hermanas Patiño mañán martes ás 16:00 horas.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
Xoga o xoves en Laxe o Camariñas.
LIGA CADETE
CAMARIÑAS OS LEÓN 0-4 ESTEIRANA
Derrota do Camariñas ante o Esteirana nun partido onde o resultado foi moi abultado para o que demostraron uns e outros no terreo de xogo.
Os erros en defensa foron claves para que os visitantes se levaran os 3 puntos.
A próxima xornada o Camariñas xoga en Fisterra o sábado 10 de decembro.
MUROS 3-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Ordoñez en Muros nun partido no que o Porteño voltou a demostrar que vai a máis cada xornada que pasa e que cada dia son mellor equipo.
A vindeira xornada o Porteño xogará no Hermanas Patiño o sábado 10 de decembro un encontro no que recibirá ao Cabana.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS 0-5 FISTERRA
Derrota das Baleas ante o Fisterra nun partido que os Camariñáns dominaron en moitas fases do mesmo pero no que careceron de acerto goleador.
O Fisterra aproveitou as ocasións que tivo para marcar, esa foi a gran diferencia.
A vindeira xornada, As Baleas xogan en Coristanco o próximo domingo 11 de decembro.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-2 BERGANTIÑOS
Empate do Camariñas que tivo que remontar 2 goles en contra nun partido no que os nosos demostraron coraxe e garra para remontar.
Un puntiño máis para tratar de sair dos pstos de abaixo.
Juan e Martín foron os goleadores do Camariñas que xoga en Baio a próxima xornada.
SEGUNDA DIVISIÓN
CLUB DO MAR 2-1 PORTEÑO
Derrota do Porteño ante o Club do Mar pola mínima nun partido no que o Porteño mereceu máis.
A vindeira xornada, domingo, o Porteño xoga no Hermanas Patiño ante o Coristanco.
AGUALADA 1-7 CAMARIÑAS
Menos mal que lle faltaba gol!!!. 4 de Manolo e 3 de Luis, foron os goles que lle meteu o Camelle ao Agualada a domicilio.
A próxima xornada o Camelle descansa.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 33-42 TIRSO DE MOLINA
Derrota dos noso xuvenís ante o Tirso de Molina por 9 goles de diferencia.
A próxima xornada o Camariñas xoga como visitante ante o Chapela
LIGA CADETE MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Descansaron os cadetes que xogan ante o Chapela a vindeira xornada como visitantes.
LIGA CADETE FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 38-34 BALONMÁN TUÍ
Magnífica victoria das nosas cadetes que vencerona oa Tuí nun partido moi bó das Camariñanas.
A próxima xornada, o Camariñas descansará.
LIGA INFANTIL FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 15-12 BALONMÁN TUÍ
Ao igual que as cadetes, sobresainte victoria das nosas infantís ante o Tuí por 3 goles de diferencia, nun partido moi bó das nosas rapazas máis novas.
A vindeira xornada tamén terán descanso ao igual que as cadetes.

Esto foi todo canto dou a xornada. Seguirémosvos contando máis cousas que pasan na xornada do martes nunca próxima crónica. Na tua web, CAMARINAS.EU, a mellor web, a máis humilde e independente, a de todos pese a quen lle pese.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.