1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As palilleiras conseguiron unha importantísima victoria fronte ao Sárdoma

Victoria do Encaixe ante fronte o C.C.D. Sárdoma por un 25-18. Mal xogo demostrado polas Camariñanas que conseguiron salvar o encontro  coa velocidade no contraataque na segunda metade. Todo comezaba con mal pé ata que, un tempo morto solicitado pola adestradora local no minuto 11 do encontro cun marcador en contra 0-6, despertaba as ansias e a motivación para solucionar os problemas na cancha acadando un 7-7. De todos modos, erros moi localizados das Camariñanas deixaban que o Sárdoma marcase o rítmo do encontro chegando o descanso cun 9-12. Unha axustada defensa provocando interceptacions, perdas e lanzamentos forzados servian para que as do Encaixe aproveitaran para poñerse por diante e acadar a renda final de 7 goles. A vindeira xornada o Encaixe volve a xogar como local nun derbi Coruñés fronte o Bm Ártabro.

ENCAIXE CAMARIÑAS: Sandra e Sara (gardametas); Juana; Yolanda (2);Alicia (1); Cristina Caamaño (7); Cristina Sande (1);Aida (11) E.I; Laura (2); Verónica; Karina e Ivana.
C.C.D.SARDOMA: Lorena e Noelia (gardametas); Iria (5); Patricia; Paula (2); Olga (4); Lúa (1); Lucía; Laura (3); Helena; Andrea (3); Ivana.
COLEXIADOS: Andres Tejo e Borja Bermúdez.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.