1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Xaviña está a realizar unha gran tempada aínda que os resultados non acompañen

Expectacular e minuciosa crónica que nos manda Juanillo adicada ao que acontece xornada tras xornada no Deporte Rey dentro do Concello de Camariñas. Unha crónica que O Mago de Corea, redactor xefe de deportes de Camarinas.eu envía semana tras semana puntualmente e que descobre toda a sabiduría futbolística que este crack camariñán do fútbol posúe. Juanillo, un home que entende e coñece coma ninguén o fútbol dende as bases e as competicións máis humildes ata as máis altas élites deste deporte. Unha sorte e un honor para Camarinas.eu telo como redactor de deportes e, tamén, unha sorte para Camariñas ter a Juanillo como Concelleiro de Deportes do Concello de Camariñas. Aquí vos deixamos coa crónica do máximo expoñente da historia do Fútbol da Costa: Juan Cabrejo Pasantes "Juanillo".
TERCEIRA DIVISIÓN

CERCEDA 2-0 BETANZOS
Victoria do Cerceda ante o Betanzos por dous goles a cero nun partido onde o Cerceda necesitaba a victoria para que os seus rivais non se escaparan na táboa clasificatoria.
Non fixemos unha boa primeira parte, por tal motivo, o resultado ao descanso era de empate a cero goles.
Na segunda metade, saimos decididos en busca da victoria, e sen facer un fútbol brilante, dominamos por completo a un Betanzos que segue nos postos baixos da clasificación. O dominio veuse recompnsado con dous goles, Emanuel faría o primeiro e Adrián Fernández o segundo.
O próximo partido, será an Vilalonga ante o cadro local.

SEGUNDA REXIONAL

ZAS 1-2 CAMARIÑAS
Segue o Camariñas de Manolín imparable e aproveitou unha vez mais o tropezo do a priori favorito Club do Mar para sacarlle 3 puntos máis de ventaxa na clasificación.
Partido no que o Camariñas tivo que remontar un gol, xa que os locaos adiantaríanse no marcador. Brais empataría o encontro antes do descanso e Javi no minuto 60, lograria o tanto da victoria.
Resaaltar que o Camariñas tivo que xogar con un home menos dende o minuto 70 de partido por expulsión de De la Sierra.
A vindeira xornada, o domingo o Camariñas recibe ao actual segundo clasificado, o Muros.

TERCEIRA REXIONAL

XAVIÑA 2-3 FISTERRA B
Bó partido dos pupilos de Camuel que perderon pese a mecer un bó encontro ante o Fisterra B.
Xogou moi ben o Xaviña pero non tivo premio final en forma de puntos xa que os Fisterráns estiveron máis atinados de cara a porta.
Teñen que seguir pelexando porque de seguro as victoria voltarán pronto de seguir xogando como o fixeron ante os Fisterráns.
A vindeira xornada o Xaviña xoga en Vimianzo ante o Soneira B.
LAXE 4-0 CAMELLE
Aguantou unha parte o Camelle en Laxe na que tivo ocasións para adiantarse no encontro pero faltoulles definir mellor. Nesta primeira metada, os Camelláns demostraron que lle poden plantar cara a calquera equipo.
Na segunda metade e tralo primeiro gol dos Laxenses, o Camelle non soubo reaccionar e veuse abaixo, por tal motivo o Laxe aproveitou para marcar 3 goles máis.
Ten que seguir pelexando o Camelle porque de xogar como na primeira metade ante o Laxe seguro que acadarán moitas victorias.
A vindeira xornada, o Camelle xoga o sábado no Hermanas Patiño ante o Lira.
VOLANTES 2-2 PORTEÑO
Partidazo por todo o alto en Muros entre 2 equipos que demostraron que son do mellorciño da categoría e o resultado pódese considerar como xusto.
Tivo baixas o Porteño para este partido o que motivou a volta de xogadores que estaban sen xogar, un deles, era Varela, que voltou a demostrar que o que tivo, retivo. Seus foron os goles do Porteño de Gerpe que serviron para acadar un puntiño máis e así seguir nos postos de privilexio.
Destacar que o Porteño celebrou este pasado sábado unha cea para recaudar fondos. A cea foi todo un éxito e dende a directiva do Porteño queren agradecer a colaboración de Pizzería Xunqueira e Conservas Boya pola colaboración prestada.
O vindeiro partido do Porteño será o próximo sábado no Hermanas Patiño ante o Coristanco.

 

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 2-0 MALPICA
Venceulle o Camariñas ao líder, o Malpica un encontro no que os Camariñáns aproveitaron moi ben as ocasións que tiñeron para gañar un encontro no que os Malpicáns venderon moi cara a súa derrota.
Yuyo cunha maxistral vaselina por enriba do gardamallas visitante e Nené cun trallazo que entrou por toda a escadra, foron os goleadores do Camariñas.
A vindeira xornada o Camariñas xoga en Coristanco.
LIGA CADETE
CAMARIÑAS –OS LEÓNS 1-3 BAIO
Non mereceron perder os rapaces de Sergio ante un Baio que aproveitou moi ben as ocasións que tivo para marcar e así levarse os 3 puntos.
Dominou o Camariñas e tivo moitas ocasións para marcar, 3 deleas, remataron no traveseiro cando os alí presentes cantaban gol, pero a mala sorte así o impediu.
Seguen mellorando os rapaces de Sergio que pouco a pouco van a máis.
A vindeira xornada, o próximo sábado pola mañán, haberá derbi. Enfrontaranse o Camariñas e o Porteño no Hermanas Patiño.
ZAS 4-3 PORTEÑO
Magnífico o partido que fixeron os rapaces de Ordóñez que mereceron máis no partido que xogaron en Zas.
Melloran a pasos axigantados os pupilos de Ordóñes e cada xornada que pasa estase a ver un mellor Porteño, e seguindo esta proxección, as victorias chagarán para un conxunto que cada dia ten máis moral.
Derbi é o que lle toca ao Porteño esta próxima xornada, medirase ao Camariñas como local no Hermanas Patiño este vindeiro sábado en horario matinal.
Espéranos todo un partidazo.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS 0-2 OUTES
Partidazo dos rapaces que dirixa Vi ante un Outes que só foi superior no marcador, que a postre é o que vale.
Non mereceron semellante castigo os rapaces de Vi xa que foron mellor que un Outes que en momentos do partido non sabía o que facer para conter o vendabal das Baleas.
A diferencia estivo nos últimos metros, ondeo o Outes si acertou nas 2 ocasións que tivo, mentres que As Baleas erraron as moitas ocasións das que dispuxeron.
Teñen que seguir xogando así porque o fñutbol devolveralles a estes rapaces o que lles está quitando nestes momentos.
O próximo encontro das Baleas será en Ponteceso.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-2 ZAS
Empate do Camariñas ante o Zas nun partido onde os Camariñáns mereceron moito máis.
Un puntiño para seguir sumando na clasificación antes do vindeiro encontro dos Camariñáns onde xogarán en Ponteceso ante un rival que é penúltimo e ao que poden deixar afundido na clasificación.
SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 1-1 PORTEÑO
Partidazo por todo o alto no Hermanas Patiño nun derbi moi disputado entre dous equipazos que así o demostraron ser e no que reinou o bó fútbol de ámbolos conxuntos e o que é máis importante, o fenomenal ambiente e a deportividade empregada por as duas escuadras futbolísticas.
Luis de Quecha adiantaría ao Porteño e Manolo lograría o gol do empate para o Camelle nun partido para enmarcar.
Noraboa a ámbolos conxuntos!!!.
A próxima xornada o Porteño recibe ao Muros e o Porteño ao Malpica, ámbolos encontros no Hermanas Patiño o vindeiro domingo pola mañá.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 33- 32 SAR
Victoria pola mínima dos xuveniles do Camariñas ante un Sar que lle puxo as cousas moi complicadas.
Victoria que lles serve para colocarse na metade da táboa clasificatoria.
A vindeira xornada, o Camariñas descansará.
LIGA CADETE MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 12-36 SAR
Derrota dos Cadetes ante o Sar nun partido onde os visitantes foron mellores.
A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Viveiro.
LIGA CADETE FEMENINA
CHAPELA 25-15 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota das nosas cadetes an terras Pontevedresas por unha diferencia de 10 goles.
Pese a derrota, as Camariñanas dérono todo na pista e iso é de destacar.
A próxima xornada o Camariñas recibe ao Cangas.
LIGA INFANTIL FEMENINA
CHAPELA 16-25 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Excelente victoria das Camariñanas en Chapela ante o cadro local nun partido no que as nosas rapazas bordaron o bó xogo.
A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Cangas.

Esto foi todo canto dou a xornada futbolística e bolonmanística. Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web líder e a de todos. A que lle gusta o deporte!!!.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.