- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 25 Outubro 2011 25 Outubro 2011
Malo, pésimo, paupérrimo... Poucos adxectivos quedan para definir o partido deste sábado. O Camariñas saíu descentrado e xa lle endosaron un 0-3 de saída, foi recuperando e aguantando o partido até o descanso, pero tras o intermedio, máis do mesmo, sen intensidade defensiva, sen ideas en ataque e o que é máis grave, non houbo capacidade de reacción na cancha. A diferenza de equipos non foi tal e como reflicte o marcador, a difencia abismal que marcou a un equipo e outro foi a actitude, pois o Porriño púxoa toda na cancha e o Camariñas durmiuse desde o minuto 1.
Debe traballar moito máis este equipo, pois ten calidade, pero pódelle a responsabilidade e a falta de táboas nesta categoría. Pero teñamos presente que superar esa responsabilidade e a experiencia na cancha, pódese conseguir con tres cosas: traballo, traballo e traballo. Destacar o debut na categoría de Damián, así como o bo traballo en equipo do Porriño.
O Ministro de Xustiza Sr. Caamaño presenciou parte do partido en compañía das autoridades locais e da comarca.
{phocagallery view=category|categoryid=770|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
