1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O árbitro que chegou ao estadio Hermanas Patiño caseque unha hora tarde

Xornada esta como todas as anteriores nas que, coma na antiga botica, hai de todo: victorias abultadas en partidos clásicos da costa, as xa habituales tundas, as canteiras que non paran, etc, etc... pero si por algo nos vai a quedar grabada esta xornada de mediados de outubro foi pola cómica actuación dun xoven árbitro que tiña a complicada misión de arbitrar o electrizante e incendiario partido entre o FC Camariñas e o Fisterra. Todo un clásico nos partidos da liga da costa. O caso é que o árbitro despistouse cando viña para Camariñas e foi dar a Punta da Biulleira en vez de chegar ao Campo Municipal Hermanas Patiño. Non sabemos si o árbitro actuou desta maneira para escapar do tenso partido que enfrontaba a dous claros aspirantes ao título ou só foi un despite ou incluso se debera ás espesa tinieblas que rodearon Camariñas este domingo de fútbol. Ao final este rapaz chegou sen problemas despois de que un escuadrón saira en busca del e, unha horiña máis tarde do que estaba pronosticado, comezou o encontro. En fin, aquí vos deixamos coa crónica de Juan Cabrejo "Juanillo", o mellor xogador da historia da Costa da Morte.
TERCEIRA DIVISIÓN

CERCEDA 1-2 VILALVÉS
Rematou a boa racha de resultados sobre todo neste último treito de liga no que nos enfrontamos aos equipos de máis nome e ata a xornada de onte déransenos moi ben.
Chegaba o Vilalbés como líder e foise como líder tras gañarnos por un gol a dous.
O partido foi como esperábamos, un Vilalbés fial a un estilo ultradefensivo e que esperaba aproveitar algunha contra como así foi para intentar gañar o encontro.
Temos que aprender deste partido e saber que se non podemos gañar bo é non perder.
O gol do Cerceda foi obra de Marcos Remeseiro.
A vinderia xornada xogamos en Negreira.

SEGUNDA REXIONAL

CAMARIÑAS 3-0 FISTERRA
Fenomenal victoria do Camariñas de Manolín que gañou con rotundidade a un Fisterra que esta tempada reforzouse moi ben.
Partido moi serio e no que o Camariñas dominou de principio a fin e foi o xusto merecedor dos tres puntos.
O encontro tivo fases de ser moi duro, os Fisterráns empregáronse en algúns momentos do xogo con moita dureza e iso motivou que os Camariñáns tamén contestaran con dureza en algunha xogada.
Leo foi o autor dos 3 goles do Camariñas que o afianzan como pichichi da liga.
Seguen os Moriño, Juan o Vello, Brais e compañía tratando de que o Club do Mar non se escape para loitar polo título ligueiro.
A próxima xornada o Camariñas xoga en Esteiro ante o Esteirana.

TERCEIRA REXIONAL

XAVIÑA 2-4 LAXE
Derrota do Xaviña de Camuel ante o Laxe cun resultado que puido haber sido outro.
O partido foi mais disputado do que di o marcador final, a diferencia foi a puntería de uns e outros, nese aspecto o Laxe estivo mellor e foi o que se levou o gato a auga.
Teñen que seguir os rapaces de Camuel coa moral alta para tratar de gañar próximos encontros, xa que de momento a sorte tampouco os está acompañando.
A vindeira xornada, o xaviña xoga en Lira.
PEREIRIÑA 4-1 CAMELLE
Caeu o Camelle ante o colista o At. Pereiriña.
Segue a notar moito as baixas o Camelle e iso nótno os Camelláns a hora de afrontar os encontros.
De todos xeitos, dende aquí animamos a todo Camelle para que sigan loitando partido a partido porque as victorias chegarán de novo.
A próxima xornada, o Camelle recibe ao Muxia no Hermanas Patiño o vindeiro sábado.
PORTEÑO
Desacansou o Porteño que se enfrentará ao líder, o Outes a vindeira xornada, que será o Domingo no Hermanas Patiño.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
BAIO 4-0 CAMARIÑAS
Perderon os rapaces de De la Sierra en Baio por un resultado contundente.
O próximo partido do Camariñas será o sábado próximo no Hermanas Patiño ante o Cabana.
LIGA CADETE
CAMARIÑAS-OS LEÓNS 0-1 MUROS
Non lles acompañou a sortea os rapaces de sergio nesta xornada onde foron mellores que o Muros en todo menos no máis importante no mundo do fútbol, nos goles.
Fallaron os rapaces de sergio as ocasións que tiveron e iso impediu que o Camariñas gañara.
Para esta próxima xornada onde xogarán en Cabana, o adestrador Lugués recuperará a Manuel e a Jordi para polo menos poder completar unha lista de 16 rapaces, dodo que nestas duas últimas xornadas, ta só contou con 13 rapaces.
FISTERRA 6-2 PORTEÑO
Derrota dos rapaces que dirixe Ordoñez pero no que cada xornada que pasa van a máis.
Ante o un equipo formado dende fai anos como é o Fisterra, xa lles plantaron cara e en moitos momentos do encontro tutearon aos Fisterráns.
A vindeira xornada o Porteño xogará o sábado no Hermanas Patiño ante o Ponteceso. O partido será o sábado en horario de mañán.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS 4-3 BAIO
E a merecida primeira victoria dos infantís das Baleas chegou na sexta xornada.
Partido onde As Baleas saleu a por todas e no primeiro tempo acadaría unha ventaxa importante que deixaba practicamente sentenciado o encontro.
Na segunda metade, o Baio apretou e conseguiu poñer en apuros aos Camariñáns, pero finalmente non lograron pillalos no marcador.
A próxima xornada, as Baleas xogan ante Os Muidos como visitantes.

LIGA DE VETERÁNS

PRIMEIRA DIVISIÓN
BUÑO 0-1 CAMARIÑAS
Victoria dos veteráns do Camariñas en Buño que é moi importante para seguir escalando posicións na táboa clasificatoria, agora son sextos con 9 puntos.
O gol do Camariñas foi obra de Javier ao transformar unha pena máxima.
A vindeira xornada, o Camariñas xoga na casa ante o San Román o vindeiro domingo pola mañán.
SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 9-1 LEILOIO
Chegou a primeira victoria do Porteño e vaia de que maneira, metíolle unha auténtica malleira ao Leiloio para así sumar os 3 primeiros puntos da tempada.
Esperemos que esta sexa a primeira de moitas victorias para un Porteño que estamos seguros vai a comezar a escalar posicións na táboa clasificatoria.
A próxima xorna o Porteño xoga en Sofán.
CAMELLE 0-0 CORCOESTO
Empate do Camelle do Socho ante o Corcoesto nun partido que tivo que ser xogado en Vimianzo ante a coincidencia de numerosos encontros no Hermanas Patiño.
Partido moi igualado con un tempo para cada equipo polo que o resultado pódese considerar como xusto.
A vindeira semana o Camelle xoga ante o líder, o At. Milagrosa como visitante.

CANTEIRA BALONMANÍSITCA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

BALONMÁN XUVENIL MASCULINO
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 25-40 CANGAS
Deron a cara os xuvenís do Camariñas ante o todo poderoso Balonmán Cangas que demostrou ter un mayor fondo de armario para gañar o encontro.
A vindeira xornada, os Camariñáns recibirán ao Teucro.
BALONMÁN CADETE MASCULINO
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 7- 41 CANGAS
Pese a abultada derrota, os rapaces cadetes do Camariñas van a seguir loitando ao máximo e afrontando coa máxima ilusións as próxima citas.
A próxima xornada, o Camariñas recibe ao Teucro no pabellón do Areal.
BALONMÁN CADETE FEMENINO
Descansaron as cadetes que esta próxima xornada xogarán ante o Porriño.
BALONMÁN INFANTIL FEMENINO
Descansaron as infantís que a vindeira xornada xogarán en Porriño ante o cadro local.

{phocagallery view=category|categoryid=766|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.