- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 14 Outubro 2011 14 Outubro 2011
Telegráfico repaso de Juanillo ao acontecido futbolísticamente no Concello de Camariñas este derradeiro mércores 12 de Outubro, Día da Virxe do Pilar. Unha soleada e espléndida data máis propia para ir ca familia a darse unha contundente homenaxe en calquer restaurante de alto postín e que nembargantes dou na nosa terra para outra multitudinaria treboada futbolística. Treboada na que, como é costume, houbo de todo: triunfos agónicos, insulsos empates, tundas pero das boas, etc... Camarinas.eu, sempre ollo avizor futbolístico, sacrificou unha tarde máis propia para unha siesta despois dunha opípara comellada para darse un garbeo polo universo futbolístico camariñán.
TERCEIRA DIVISIÓN
OURENSE 0-1 CERCEDA
Próximo encontro será o Donigo ante o Vilalbés en Cerceda
TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 0-6 CORISTANCO
O vindeiro partido do Camelle será o Domingo xogando como visitante ante o At. Pereiriña
ALCAIÁN 1-1 PORTEÑO
O Porteño descansará este fin de semana.
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 2-4 ZAS
Viaxará ata Baio o Camariñas xuvenil para xogar ante o cadro local.
LIGA CADETE
PORTEÑO 1-8 ESTEIRANA
O vindeiro encontro do Porteño será en Fisterra o próximo sábado.
CEE 2-1 CAMARIÑAS-OS LEÓNS
O Camariñas-Os Leóns xogarán o sabado ás 11:00 no Hermanas Patiño ante o Muros.
LIGA INFANTIL
CEE 14-0 AS BALEAS
O vindeiro partido das Baleas será o Domingo ante o Baio no Hermanas Patiño.