- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 10 Outubro 2011 10 Outubro 2011
O Encaixe cae ante Seis do Nadal nun encontro no que as camariñanas loitaron ata o final cun resultado en contra de 18-34. A celebración tiña lugar o pasado sábado 8 de setembro onde o equipo local comezaba con un 1-9 a favor das viguesas, levantando o marcador a partir da mitade da primeira parte co traballo ofensivo de xogadoras como Yolanda e Aida e defensivo como Alicia e Sandra na portería. O xogo dinámico e explosivo do equivo olívico ofensivo poñía nun apreto a defensa do Encaixe que tras varios axustes frenaron o xogo ca pivote visitante. “É un equipo moi forte nesta liga, as xogadoras do Encaixe seguiron na súa liña polo que o equipo está satisfeito co traballo, as melloras son considerables” afirma a adestradora. A próxima fin de sema o Encaixe enfrentarase ó equipo Grovense nun encontro máis axustado.
BMF ENCAIXE CAMARIÑAS: Sara e Sandra (gardametas); Juana (1); Aida (4); Yolanda (2); Nerea (2); Verónica (1); Cristina Sande; Cristina Caamaño (3); Laura Rodriguez (3); Karina Busto (2),; Alicia e Ivana.
SEIS DO NADAL: Adriana e Mº Isabel (gardametas); Leticia (4); Montserrat; Laura (3); Cristina (1);Erika (5); Yolanda (2);Antea (7); Andrea (5); Nerea (1); Noelia (6).
{xtypo_rounded2}
Perdeu o equipo que adestra Mónica ante un dos favoritos desta liga como é o Seis do Nadal. Pese a derrota, as Camariñanas deron a cara en todo momento e tiñeron que loitar contro o rival e contra o dua arbitral que tivo un labor nefasto contra os intereses das xogadoras Camariñanas. O Seis do Nadal era un rival superior e non necesitaba esas axudas arbitrais. A vindeira xornada, o Encaixe Camariñas xagará en O Grove ante o Rasoeiro.
{/xtypo_rounded2}
