1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Foto de familia do Club Balonmán Camariñas Conservas Boya  coas autoridadesEste sábado 24 de setembro de 2011 presentábase puntualmente ás 13:00 o Club Balonmán Camariñas Conservas Boya nas instalacións do Club Náutico de Camariñas. A este acto o club convocou a todos os seus xogadores, aos diferentes medios de comunicación, a Sandra Ínsua rial como representante do Alcalde de Camariñas, Juan cabrejo como Concelleiro de Deportes e Cultura e ao xefe da opsosición Daniel Rego. Todos eles toamron a palabra que lles ofrecía o Presidente do club Andrés Cerdeiras e só tiveron palabras de apoio unánime ao novo proxecto do club camariñán. Camarinas.eu quixo, como é costume e tradición nesta web, participar neste acto de apoio aos nosos chavales na dura andaina que comezan esta tempada na 1ª División nacional. Unha división repleta de grandes equipos e de fortes deportistas de élite na que un pequeno pobo dun recuncho aillado da Costa da Morte logrou realizar unha fazaña e facerse un hoco a base de boa xestión, traballo, esforzo e canteira. O CB Camariñas Conservas Boya terá unha dura labor nesta longa e dificultosa tempada para lograr, polo menos, a permanencia que será moito máis doada si todos os veciños e afeccionados poñemos o noso graiño de area. Camarinas.eu poñerá o seu, como non, asistindo a todos os actos e partidos e ofrecendo tanto a crónica fotográfica como a escrita (además de ser socio protector) para levar ao noso equipo en volandas no que boamente sabemos facer. Sorte chavales!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.