1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os adestramentos intensificáronse estas útimas semanas para estar a tope contra o Chapela

O vindeiro sábado 24 de setembro comeza unha nova tempada para o Clube Balonman Camariñas. Será unha temporada histórica na que o equipo camariñán vai competir na Primeira Division Nacional despois do ascenso colleitado no pasado maio. Competirán os de Camariñas con equipos de cidades coma Zamora, Avilés, León e tamen cos equipos mais representativos de cidades como A Coruña, Vigo ou Pontevedra o que fai que o equipo de Camariñas sexa de longo o de menos poblacion da categoria. Todo esto da ben as claras da fazaña conseguida co ascenso de categoría e necesitará o apoio de canto máis xente mellor en cada un dos encontros que dispute.

Reforzouse ben o Boya con xogadores formados e nacidos en Camariñas,experimentados xa nesta categoria,que seguro que lle van dar un plus a hora de disputar os encontros.Voltaron a casa Borja (do Oasis ou de Reinaldo) procedende o Xiria de Carballo,Fabian (fillo de Juan o ex-longeiro) procedenteCartel do próximo partido do OAR da Coruña xunto con Cristian (o do Talleres Unión) tamén procedente do equipo herculino. Así mesmo tamén retornou a Camariñas Pombo que xa estivera anos atrás xogando en Camariñas e que por motivos laborais tivera que marchar.

Todas estas fichaxes veñen a completar unha plantilla repleta de Camariñáns e que tantas alegrias nos dou a tempada pasada, e que seguro que este ano voltara a darnos.

Comeza a competición o Conservas Boya contra un dos máis firmes candidatos ao título de liga como é o Paraxe Construccions Chapela,un equipo que anos atras estivo varias tempadas xogando na ASOBAL , máxima competición nacional.

Dende aqui queremos pedirlle a todolos afeccionados o deporte camarñan ,acudan o vindeiro sabado as seis e media da tarde ,o pabillon do areal,para animar o noso equipo,e facer que o pabillon  en cada partido na casa sexa un fortin e crear un ambiente igual o da fase de ascenso.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.