- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 20 Setembro 2011 20 Setembro 2011
O Balonman Feminino Encaixe Camariñas comeza a liga cun derbi Coruñés. As rapazas dirixidas unha tempada máis pola adestradora Mónica Barreiro, están en forma para dar comezo a unha nova liga marcada por alguns cambios. Esta tempada, a competición abarca a 16 equipos os cales divididos en dous grupos de 8 loitarán polos 4 primeiros postos que lles darán o paso para unha nova liga a partir de Xaneiro que lles permita optar a fase de ascenso a 1º Nacional. “O noso obxetivo por suposto é estar entre eses 4 primeiros postos pero será moi difícil xa que o grupo e moi forte.
O equipo está traballando moi ben nesta pretempada e os obxetivos definidos no vestiario son reais e alcanzábeis.” O pasado venres 16 de setembro o equipo examinabase fronte o Narón nun partido onde a victoria recadou sobre as Camariñans por un 26- 20. O vindeiro sábado o Encaixe devolve a visita o Narón.
A liga dará comezo o vindeiro 2 de Outubro na cancha do Artabro en A Coruña. Os encontros como locais celebraránse no polideportivo de Ponte do Porto estando por concretar horarios.
A adestradora conta para esta tempada coas seguintes xogadoras: Sandra e Sara (gardametas); Veronica, Fátima, Karina e Nerea como extremos; Alicia e Ivana como pivotes; Laura, Yolanda, Cristina Sande e Juana como laterais; Cristina Caamaño e Aida como centráis. A incorporación de Cristina Barreiro está por resolver.
