1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Foto de equipo do Xaviña FC no partido desputado ante o CoristancoComo dicíamos na anterior noticia Camarinas.eu púxose as pilas vendo a impresionante capacidade de traballo do seu redactor de deportes Juan Cabrejo "Juanillo" e pasamos a amosarvos un espectacular reportaxe do acontecido na xornada futoblísca camariñana. Xornada esta celebrada nas vísperas outonales chea outra vez dun pouco de todo. Tundas, victorias pola mínima, empates a cero, resultados estranbóticos, goles imposibles, etc... e é que a xornada futbolística que se celebra tódolos fins de semana no Concello de Camariñas pode ser unha das máis ricas de toda a Provincia da Coruña onde tanto se poden ver equipos onde se aglutinan xogadores de cada recuncho da comarca coma equipos onde os seus integrantes comparten entre todos importantes vínculos familiares. Esto último foi a imaxe máis tierna e que quedou grabada na mente dun redactor cando paseando polo mítico e destartalado Campo do Cotro (BuriaStadium) pudemos comprobar coma unha familia de Buría compartía unha espléndida tarde dominical xogando un partidiño de fútbol. Alí xuntábanse nais, tios, irmáns, sobriños e amigos para desputar un encontro entrañable e que fixo sentir a todos os que por alí pasaban a verdadeira esencia do fútbol: a amistade, o compañeirismo e, tamén, a familia.

TERCEIRA DIVISIÓN


LALÍN 0-4 CERCEDA
Partido que ganamos dunha forma clara e contundente ante un rival que aguantou o tipo ata que conseguimos o primeiro gol que foi clave, pois foi no minuto 45.
Os goleadores do Cerceda foron, Marcos Caridad, Emanuel e Joselo por partida dobre.
Somos líderes tras os pinchazos de Ourense, Ferrol e Deportivo B.
A vindeira xornada recibimos en Cerceda ao Estradense.

SEGUNDA REXIONAL


CAMARIÑAS 3-0 SOFÁN
Tiñan o orgullo ferido os homes de Manolín tras a derrota sofrida ente o Buño e tocaba demostrar que ese partido fora un accidente.
O Camariñas non dou opción ao Sofán e conseguiu 3 puntos de ouro.
Ten que seguir o Camariñas gañando partidos, pois o Club do Mar, o favorito, está a gañar tódolos seus partidos por goleada.
A vindeira xornada o Camariñas xoga en Corme.

TERCEIRA REXIONAL


CAMELLE 2-5 OUTES
Resultado enganoso o que obtivo o Camelle nun partido onde mereceu máis.
O Outes de tódolos xeitos, demostrou ser un bon equipo que seguramente estrá nos postos altos da clasificación final.
Moitísima xente de Camelle para apoiar aos seus e que derón un gran colorido a grada.
O próximo partido do Camelle será en Corcoesto.
XAVIÑA 2-7 CORISTANCO
Derrota clara e contundente do Xaviña de Camuel ante un rival que demostrou ser superior e chamdo a loitar polo ascenso.
O partido foi de claro dominio visitante e tan só con ver o resultado final, un pode darse conta.
Está pasando unha mala racha o Xaviña que de momento tan só ten un puntito no seu haber.
A vindeira xornada, o Xaviña xoga fora ante o Pereiriña.
FISTERRA B 0-0 PORTEÑO
Empate dos homes de Gerpe en Fisterra nun partido onde o Porteño tuvo claras ocasións para levarse o partido pero error ante a portería Fisterrana.
O Fisterra mantívose firme en defensa, as veces empregándose con moita dureza, cousa que lles valeu para levarse un puntito.
O Porteño presentouse con moitas baixas e debutou Jorge que deixou un bó sabor de boca.
A vindeira xornada o Porteño recibe ao Soneira B.

VETERANS: PRIMEIRA DIVISIÓN


VIMIANZO 2-11 CAMARIÑAS
Festival goleador dos veteráns do Camariñas que lle deron unha auténtica malleira ao Vimianzo.
Primeiros 3 puntos do campeonato para os Camariñáns que van a coller moita moral con este resultado.
O próximo encontro do Camariñas será ante o Xuventude Bergantiños.

VETERÁNS: SEGUNDA DIVISIÓN


PORTEÑO 1-2 AT. MILAGROSA
Un penalti errado polo Porteño máis un erro arbitral nunca xogada clave, impediron puntuar aos da Ponte do Porto ante un rival que foi inderior en canto a xogo e ocasións pero que tivo máis puntería de cara a gol.
A vindeira xogada, o Porteño xogará ante o Dep. Carballo
CAMELLE 0-0 CORCOESTO
Primeiro punto do Camelle de veteráns nun partido onde os homes do Socho mereceron mais, xa que gozaron de numerosas ocasións pero sin ter o gol como premio final.
A próxima xornada o Camelle xogará caontra o Club do Mar.

XUVENÍS


DUMBRIA B 6-0 CAMARIÑAS
Severa derrota a que sufriu o Camariñas de De la sierra ante o Dumbria nun mal partido dos Camariñáns.
O próximo rival do Camariñas será o Laxe pero dentro de 15 dias, xa que na vindeira xornada tocaralles descansar.

CADETES


BAIO 15-1 PORTEÑO
Derrota do Porteño de cadetes no seu primeiro partido ante un rival que xa leva anos xogando a liga de cadetes e iso notouse.
De tódolos xeitos, pese a abultada derrota, os rapeces do Porteño QUE ADESTRA José Manuel, hai que sacarlles o sombreiro pola actitude mostrada antes, durante e despois do encontro.
A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Dumbria pero dentro de 15 dias, xa que lle tocará descansar esta semana.
MALPICA 2-1 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas que adestra Sergio en Malpica no primeiro partido do Camariñas cadete que pese a derrota deixou unha boa imaxe e ata o derradeiro minuto loitou por acadar o empate que finalmente non chegou.
A próxima xornada, o Camariñas xoga en Zas.

Esto foi todo canto dou a xornada, a vindeira contaremos todo canto pase relacionado cós nosos equipos. Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web de ideas propias, que non copia de ninguén.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.