- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 19 Setembro 2011 19 Setembro 2011
Impresionante día este sábado 17 de setembro cunha xornada festiva adicada íntegramente ao ciclismo en Camariñas. Dende as 10:30 da mañá sentíase e víase o ambiente festivo polas rúas da Vila das Palilleiras e podíamos contemplar como os participantes da 1ª Festa da Bicicleta de Camariñas se aproximaban hacia o Curbeiro onde se iba a dar saída ao evento que tiña aos máis pequenos como protagonistas principais. Despois do reparto das camisetas gratuitas que o concello agasallou aos participantes estes fixeron a saída e iniciaban o percorrido que iba a levar aos ciclistas amateurs de Camariñas polas rúas da vila. Cando volveron os nosos amantes da bicicleta camariñáns tras realizar o percorrido de preto de 8 kilómetros e medio procedeuse a realización da pertinente foto de grupo e acto seguido procedeuse ao sorteo de dúas camisolas da Federación Galega de Ciclismo que entregou o noso querido redactor e amigo Juan Cabrejo acompañado por unha leyenda viva do xornalismo deportivo galego Terio Carrera. Destacar tamén a participación nesta Festa da Bicicleta da Peña Ciclista de Camariñas "PC Baikers do Vilán" que apareceron neste día caseque coma un equipo de ciclismo profesional coas súas respectivas e espectaculares indumentarias ciclistas. En fin, Camarinas.eu vendo a espectacular adicación e traballo do noso redactor e concelleiro de deportes do Concello de Camariñas Juan Cabrejo "Juanillo" púxose as pilas neste día e móstravos nesta noticia unha batería impresionante de máis de 100 fotos e un video que quedará para a historia da que será, seguramente, unha festa tradicional en Camariñas: A Festa da Bicileta.

Comentarios
RECORDAR QUE ESTA FESTA DA BISICLETA XUNTO CÁ SEJUNDA ETAPA DA VOLTA SICLISTA A JALISIA, FUI POSIBLE TELA NO NOSO AYUNTAMIENTO JRASIAS AS 8 EMPRESAS PATROSINADORAS, FRIGORÍFICOS CANOSA, CONSTRUCCIONES MARTÍNEZ RIAL, CONSTRUCCIONES CASAL, CONSTRUCCIONES JOSÉ MARÍA Y JOSÉ ÁNGEL, CONSTRUCCIONES JOSÉ ANTONIO CERCEDA,CONSERV AS BOYA, SIAVI E PESCADOS PEDREIRA. ESTAS 8 EMPRESAS SON AS QUE VERDADEIRAMENTE CO SEU ESFORSO ECONÓMICO FIXERON QUE TODOS PUDÉRAMOS DISFRUTAR DE ESTE DIA.
Noutras comunidades (Cataluña, País Vasco) os Centros BTT xa os teñen regulados e deben estar homolojados. Aquí, aínda non chejamos a tanto, pero aínda que non fose de xeito oficial, se consejiramos que oficiosamente a Costa da Morte collese fama como tal, creo que Camariñas tería todas as de janar (unha ruta por Camelle-Reira-V ilán-Camariñas non ten rival para calquera das rutas que se poideran faser na contorna).
O deporte tamén pode ser unha forma de facer turismo e que a xente se acerque por estes lares, non sólo no vrán ou en Semana Santa.
Un saúdo.
Se hay que meter unha man tampouco dudes en contactar.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.