1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Camariñas volcarase hoxe co ciclismo amateur e de éliteCamariñas vivirá este sábado 17 de setembro unha xornada adicada totalmente ao ciclismo. Hoxe ás 11 da mañá todos os máis de 100 participantes que xa están inscritos na que será a primeira Festa da Bicicleta de Camariñas daranse cita para percorrer as rúas da nosa vila e demostrar así a pasión que recentemente se desenrolou polo ciclismo na Vilas dos Encaixes. Despois de esta xuntanza ciclista de nenos e non tan nenos recibirase ao pelotón dos equipos da Volta Ciclista a Galicia que fará a súa saída dende o paseo marítimo Camariñán e que constitúe unha realidade sen precedentes na historia do noso pobo. Camarinas.eu adicará esta xornada ao seguimento especial que realizará a estes eventos adicados ao mundo da bicicleta e que están a resultar un éxito de participación e que confirman unha vez máis por activa e por pasiva o enorme acerto de involucrar a un home que o foi todo no mundo do fútbol da Costa e que está a converterse no gran valedor das iniciativas do Concello de Camariñas; estamos a falar de Juan Cabrejo Pasantes "Juanillo", ou, como o chaman en Cartagena "O Mago de Corea". Algo que xa Camarinas.eu daba por un acerto antes de que se celebraran as pasadas eleccións de maio e que deron como resultado outra maioría absoluta máis para os Socialistas de Camariñas.

En fin, como decimos, Camarinas.eu realizará hoxe o seguimento a todas estas actividades organizadas polo Concello de Camariñas que se celebrarán este sábado 17 de novembro e, bueno, si todo sale como o esperado mañán teredes en portada a oportunidade de ver un amplo reportaxe do que aconteza hoxe. Para a semana que ben decirvos que se publicarán un par de reportaxes especiais de Camarinas.eu que estamos preparando concienzudamente e que esperamos sinceiramente que vos gusten. A verdade é que últimamente non hai moitas máis noticias que valan a pena e, bueno, para publicar mamarrachadas como fai anos que ven sendo habitual dende outros lares cibernéticos adicámonos a traballar.

Patrocinadores da 2ª Etapa da Volta Ciclista a Galicia


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.