- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 13 Setembro 2011 13 Setembro 2011
Rematou outra extensa xornada máis no ámbito futbolístico dentro do Concello de Camariñas. Unha xornada que, como as outras e as que quedan pendentes, comezan máis a parecerse aos encontros que disputan os equipos dunha cidade que aos dun pequeno e remoto pobo da Costa da Morte. A acumulación de equipos de tódalas categorías dende os máis pequenos ata os veteranos poñe de manifesto o caracter deportivo que explotou sen precedentes dentro do noso concello e do que Camarinas.eu e todo aquel cidadán de ben ten que sentirse orgulloso. O deporte ten que ser unha das bases para formar ás futuras xeracións como persoas íntegras e respetuosas. En Camariñas temos a oportunidade de dirixir toda esta vocación innata polo bo camiño e non dubidamos que con xente como Juan Cabrejo Pasantes "Juanillo" dirixindo todo este tumulto de equipos e encontros todo chegará a un bo porto. En fin, deixámosvos ca crónica do home que está a marcar un antes e un despois no deporte do Concello de Camariñas: Juanillo.
TERCEIRA DIVISIÓN
CERCEDA 1-0 BERGANTIÑOS
Partido que gañamos prácticamente no último minuto con un gol de Adrián Fernández e que vale 3 puntos de ouro.
O Bergantiños púxonos as cousas moi difíciles e tivo ocasións para marcar.
Nós pola contra, estivemos moi espesos e acusamos a fatiga do partido da Copa do Rei con prórroga incluída do mércores.
A vindeira xornada xogamos en Lalín.
SEGUNDA REXIONAL
CAMARIÑAS 1-2 BUÑO
Batacazo o que levou o Camariñas o pasado sábado no Hermanas Patiño ante o Buño nun partido no que os de Manolín sin xogar ben, mereceron algo máis.
O Buño aproveitou as ocasións que tivo e púxose cero a dous no marcador antes do descanso, pola contra, o Camariñas errou as ocasións que tivo, nunha delas, Juan o Vello enviou ao longueiro un trallazo que poido significar o empate, resultado que tamén poido chegar se o colexiado pitara un claro penalti cometido sobre Leo.
O gol do Camariñas foi obra de Brais.
A vindeira xornada o Camariñas xogará novamente na casa ante o Sofán.
TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 1-0 CAMELLE
Victoria do Porteño no derbi ante o Camelle por un gol a cero, nun partido no que ámbolos dous conxuntos se entregaron a tope edonde a romaría da barca estivo presente.
O Porteño intentou levar o peso do xogo ante un Camelle ben plantado no campo, pero finalmente un gol de Cousillas daría a victoria aos de Gerpe.
Moitísimos aficionados no Hermanas Patiño que só de taquilla deixaron 500 euros para as arcas do Porteño, a iso hai que añadirlle rifas e cantina.
Moita xente da Ponte do Porto e moitísima xente de Camelle para apoiar a uns e a outros, ofrecendo unha imaxe como as de antaño, na que se enchían os campos da liga da costa. Noraboa a estas duas aficións.
A vindeira xornada, o Porteño xogará en Fisterra ante o Fisterra B.
O Camelle recibe o sábado no Hermanas Patiño ao Outes.
F.C. VOLANTES 5-1 XAVIÑA
Derrota abultada a que recibiu o Xaviña en Muros ante o Volantes na que encaixou 5 goles.
O Xaviña de Camuel debido as numerosas baixas, presentouse con tan só 11 futbolistas e iso condicionou o encontro.
A vindeira xornada, o Xaviña recibe ao Coristanco.
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 2-0 CORISTANCO
Victoria cómoda do Camariñas que adestra De la Sierra nun partido onde poideron marcar máis goles.
Os goleadores do Camariñas foron Yuyo e Canosa.
A vindeira xornada, o Camariñas xoga en Dumbria ante o Dumbria B.
VETERANOS PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-3 CASTRIZ
Derrota do Camariñas nesta primeira xornada ligueira ante o Castriz nun partido no que os Camariñáns pelexaron ata o final pero non obtiveron o premio de puntuar.
Queda moita liga por diante e polo tanto as victorias chegarán.
A vindeira xornada o Camariñas xoga en Vimianzo ante o conxunto local.
VETERANOS SEGUNDA DIVISIÓN
CORCOESTO 4-0 PORTEÑO
A romaría da barca fixo estragos na convocatoria do Porteño que conseguíu viaxar con tan só 11 homes e iso notouse no campo.
Partido no que o Corcoesto conseguiu unha clara victoria ante un Porteño plagado de baixas.
A vindeira xornada, o Porteño xoga no Hermanas Patiño contra o At. Milagrosa.
SONEIRA 2-0 CAMELLE
Debut con derrota do Camelle ante un rival que demostrou ter moito oficio.
Os homes do Socho deron a cara en todo momento pese a derrota e seguro que de seguir con estas gañas van a gañar moitos partidos.
A vindeira xornada, o Camelle recibe ao Cerqueda no Hermanas Patiño.
CADETES PARTIDO AMISTOSO
SONEIRA 3-2 CAMARIÑAS OS LEÓNS
Sobresainte actuación dos cadetes do Camariñas (pese a derrot) a que ofreceron diante do Sonería neste partido amigable donde por primeira vez xogaban ao fútbol 11 todos xuntos e donde deron unha imaxen fantástica.
Comeza a liga esta vindeira semana e xogarán en Malpica o sábado debido a que trocan a orde do partido por mor da volta ciclista a Galicia que partirá o sábado dende terras Camariñanas.
Pola súa banda, o Porteño de cadetes tamén inicia o seu curso ligueiro xogando en Baio ante o cadro local.
AS BALEAS comezará a liga en categoría infantil, enfrontándose ao Zas.
Moita sorte para todos eles!!!.
Esto foi todo canto dou a xornada.
Un saúdo o tod@ usuari@s de CAMARINAS.EU, a web de ideas propias, a de tod@s!!!

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.