1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O CD Tenerife, un histórico do fútbol español, apeado da Copa do Rei polo CercedaMataxigantes. Ese é o adxetivo co que se pode caracterizar ao Cerceda de Juanillo, un home que reúne en si un triunvirato de características cáseque semellantes aos do mesmísimo Espíritu Santo: futbolista, concelleiro e redactor. Decimos mataxigantes porque na primeira das eliminatorias da Copa do Rei o conxunto cercedense deixou tirado na cuneta a un dos clubs históricos do fútbol español durante os derradeiros 25 anos: o Tenerife daqueles Redondo, Del Solar, Pizzi, Ezequiel Castillo, Makaay,etc..., para acto seguido, xa en partido ligueiro, arrancar no Estadio de Pasarón un valioso empate ante o Pontevedra, aquel mítico equipo do "hai que roelo", agora algo vido a menos na Terceira División. Mentras o Cerceda queima victoriosas etapas no camiño que o conducirá definitivamente ao tan ansiado ascenso, aquí xa na nosa terra vivimos un overbooking futbolístico que fai que sexan necesarias dúas vidas para poder asistir a todos os partidos que cada fin de semana inundan este prolífico territorio.

COPA DO REI


CERCEDA 2-0 TENERIFE
Sorpresa e con maiúsculas a que demos o pasado mércores no partido correspondente a primeira eliminatoria da Copa do Rei onde gañamos con claridade e contra todo pronóstico ao Tenerife, un conxunto de superior categoría, que fixo un equipazo para voltar á categoría de prata do fútbol Español. O Tenerife pensaba que ía a gañar fácilmente e ao final levou unha desagradable sorpresa. Adrián Fernández primeiro e Joselu despois, foron os goleadores do Cerceda.
Na segunda rolda eliminatoria que tamén se xogará a un só partido, o bombo foi caprichoso, pois tócanos enfrontarnos ao Llagostera, rival que nos gañou na fase de ascenso á Segunda B e ademais xogaremos en terras catalanas este vindeiro mércores. Esperamos revancha e que desta poidamos ser nós os vencedores.

LIGA TERCEIRA DIVISIÓN.


PONTEVEDRA 2-2 CERCEDA
Partido que xogamos ante o galiño da terceira, o Pontevedra, chamado a ser o campeón este ano xunto ao Ferrol e Ourense e no que fomos moi superiores, pero como no mundo do fútbol soe pasar, o que perdoa moito soe acabar pagando e iso foi o que nos pasou a nós.
Despois de adiantarnos no marcador por mediación de Emanuel, tivemos 4 ocasións clarísimas para deixar sentenciado o encontro, pero despois do tempo de descanso, o Pontevedra, nas duas veces que nos chegou a porta, marcaríanos 2 goles e poñíase por diante no marcador.
O Cerceda non lle perdeu a cara ao partido e despos de ter moitas ocasións para empatar, finalmente Marcos Caridad, conseguía o tanto que deixaría o marcador final no 2-2. A vindeira semana xogamos o derbi ante o Bergantiños.

SEGUNDA REXIONAL


BAIO 1-3 CAMARIÑAS
Comeza forte o Camariñas esta nova liga da costa e no seu primeiro encontro, logrou vencer ao Baio que adestra o Camariñán Tono do atlántico por 1 gol a 3. Os de Manolín fixeron un bó paritdo e non quixeron sorpresas ante un rival que o ano pasado foi un dos poucos equipos que vencera aos Camariñáns. Leo en 2 ocasións e De La Sierra con outro gol, foron os goleadores do conxunto Camariñán. A vindeira semana o Camariñas recibe ao Buño, partido que se disputará o sábado 10 de setembro no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL:


CARNOTA 2-1 PORTEÑO
Tan só unha arbitraxe nefasta e un penalti fallado, privaron ao Porteño de sacar algo positivo no campo dun equipo aspirante ao ascenso final. Foron mellor os homes de Gerpe sobre todo na segunda metade, ainda que na primeira parte tamén dispuxeron de ocasións de gol.
O tanto do Porteño foi obra de Iago Porteño, no minuto 55. Unha pena que non servira para puntuar, porque 5 minutos despois o Carnota facía o seu segundo gol. A vindeira xornada temos o primeiro derbi da tempada, o Domingo 11 de setembro no Hermanas Patiño, o Porteño enfrontarase ao Camelle.
XAVIÑA 0-2 MONTE LOURO
Partido que foi moi igualado e disputado sobre todo na primeira metade onde os pupilos de Camuel deron a cara ante un Monte Louro que quere loitar por ocupar posicións de privilexio na táboa clasificatoria. O Xaviña desfondouse na segunda metade e notou as numerosas baixas coas que contaba. A vindeira xornada, o Xaviña xogará contra o Volantes.
CAMELLE 1-1 ALCAIÁN
Primeiro partido do Camelle na casa (no Hermanas Patiño) e primeiro puntiño na súa nova andaina polo fútbol costeiro. Partido disputado ante numerosísimo público que se desprazou dende Camelle ata Camariñas para ver aos seus.
O Camelle empregouse a fondo nun partido moi disputado onde se adiantaria no marcador tras un gol acadado por José María "jatiñeiro", que marcaba así o primeiro gol da nova era do Camelle. Foi lamentablemente protagonista este xogador que tras unha xogada fortuita, caeu nunha mala postura e tivo unha rotura na muñeca do seu brazo. Dende aquí, desexámoslle unha pronta recuperación para voltar a ver a este gran futbolista moi pronto sobre os terreos de xogo.
A vindeira semana o Camelle xogará o derbi ante o Porteño no Hermanas Patiño o vindeiro Domingo.

LIGA XUVENIL


MALPICA 0-0 CAMARIÑAS
Partido xogado de poder a poder que finalmente rematou en táboas. Quéixanse os pupilos de De La Sierra da arbitraxe sufrida, pois reclaman ata 3 posibles penaltis que o colexiado non quixo asubiar. A vindeira semana, o Camariñas xogará o sábado ás 15:30 horas ante o Coristanco.

BALONMÁN


O CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA segue cós seus partidos de pretempada e o pasado sábado derrotou con claridade ao Balonmán Lugo por unha diferencia de 15 goles. Os Monchiño, Kin, Fabián, Borja e compañía están demostrando que van a dar moita guerra na nova andaina do Balonmán Camariñán na Primeira Nacional.

Ata aquí todo canto dou a xornada dos nosos equipos. Un saudo a tódolos usuari@s de CAMARINAS .EU, a web de todos, a web que mira polo deporte, a de ideas propias!!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.