1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Gisela conseguíu varios premios este veránEn Camarinas.eu procedemos a publicar outra vez unha nova na que a nosa protagonista volve a ser a amazona máis xoven da Costa da Morte. Trátase da preciosa nena Gisela Vigo Landeira veciña do lugar do Allo na parroquia da Ponte do Porto e que ven de rematar cun éxito máis que notable a súa particular liga veraniega cabalar cun lote de premios e concursos de equitación gañados. Así, sumando o campeonato de Cerqueda no que a nosa Gisela quedou primeira por diante de moitos experimentados xinetes, puidemos vela tamén gañar os diferentes concursos de equitación celebrados en Baíñas e Areosa no Concello de Vimianzo e na veciña parroquia de Cures tamén pertencente ao consistorio soneirán. Unha xoven promesa que se está a converter en toda unha experta na arte da equitación e estamos seguros de que dentro de pouco, se todo sigue baixo as prediccións, poderemos ver a Gisela subir peldaños e presentarse nos máis concurridos concursos ecuestres da nosa comunidade autónoma. Tempo ao tempo. Camarinas.eu estará coma sempre alí onde estea Gisela para dar conta da súa excelente traxectoria como a auténtica amazona da Costa da Morte. Sorte e a seguir así Gisela.

Comentarios   

E logo ti de quen es
0 # NoraboaE logo ti de quen es 05/09/2011 18:41
Noraboa campeona.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.