- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 22 Agosto 2011 22 Agosto 2011
Segundo pudo saber a redacción de Camarinas.eu acábase de confirmar oficialmente que a 2ª etapa da próxima Volta Ciclista a Galicia 2011 sairá da explanada do muelle novo de Camariñas o próximo día 17 de setembro. Según fontes de contrastada solvencia a Concellalía de Cultura e Deportes da cal é responsable noso querido amigo Juanillo e en estreita colaboración co Alcalde Pichurri conseguiron, despois de moitas e dificultosas negociacións, que a gran proba que mide o ciclismo galego, español e internacional recalara no noso pobo. A proba que se iniciará en Camariñas terá un percorrido de preto de 150 kilómetros e, despois de pasar polas vilas de Xaviña e Ponte do Porto, collerá rumbo ata Vimianzo e de ahí pasará por diferentes localidades coma Ponteceso e Malpica rematando a proba na cidade de Carballo.
Tamén está previsto que os integrantes da carreira ciclista den unha volta de adestramento polas rúas de Camariñas antes de iniciarse a carreira e ademáis tamén se celebrará na nosa vila o Día da Bicicleta aproveitando a consecución da 2ª etapa da Volta a Galicia para que os nenos participantes nas actividades que organiza o concello e os afeccioados camariñáns ao ciclismo coma os nosos amigos da "Peña Bikers do Vilán" podan desfrutar ao lado dos grandes ciclistas mundiais. Dende Camarinas.eu queremos felicitar aos promotores desta expléndida iniciativa que situará a Camariñas no epicentro do ciclismo nacional. Seguiremos informando a medida que saibamos máis detalles deste evento.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.