1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juanillo seguirá comentando a ampla xornada futbolística do Concello de CamariñasRECORD DE EQUIPOS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS!!!.

Está próximo o comezo da nova tempada futbolística nas distintas ligas a nivel rexional e o Concello de Camariñas vai contar cunha participàción histórica en canto a número de equipos representantes dos cales daremos boa información na nosa web Camarinas.eu.

O Camariñas C.F. competirá na categoría da segunda rexional, a liga da costa de toda a vida, partindo como un dos equipos favoritos para acadar o tan ansiado ascenso. Este ano a parte do equipo senior, o Camarinñas sacará a competir un equipo en categoría xuvenil e outro en categoría cadete, dándollela oportunidade aos rapaces do pobo a que poidan competir e xogar na liga comarcal. Ademais, o Camariñas de Veteranos competirá en primeira.

{xtypo_rounded_right2}Unha expectacular temporada deportiva espéranos a todos os siareiros do deporte en xeral dentro do Concello de Camariñas{/xtypo_rounded_right2}

O Porteño pola súa banda, tratará de recuperar a categoría que merece, polo tanto loitará por ser un dos conxuntos punteiros da terceira rexional. O Porteño tamén participará en categoría cadete. Tamén continuará o Porteño de veteranos na categoría de segunda división.

O Xaviña sairá de novo a competir en terceira rexional, procurará mellorar os resultados da tempada pasada.

Finalmente, o Camelle, estrearase como novo conxunto na categoría de terceira rexional. Tamén se creará o Camelle de veteranos que actuará en segunda división.

Ademais, As Baleas e a Escola de fútbol do Concello este ano có nome do Porteño, participarán nas súas respectivas ligas de Benxamíns, Alevíns e Infantís da Costa da Morte.

A tódolos equipos se lles vai a pedir a máxima colaboración tanto a nivel de horarios como de coidados, da instalación do campo de fútbol Hermanas Patiño, xa que tódolos equipos terán que xogar alí mentras non se rematen as obras do campo do Porteño e do Camelle. Haberá que facer encaixe de bolillos e nunca mellor dito, para cadrar un horario no que teña cabida tódolos partidos a se disputar.

A todo isto, temos que añadirlle o balonmán, onde o Club Balonmán Camariñas Conservas Boya estreará categoría, o Balonmán Encaixe de Camariñas seguirá competindo na liga femenina, e tódolos equipos masculinos e femininos da Escola de Balonmán do Concello de Camariñas, participarán nas suas respectivas campeticións ligueiras. Dende CAMARINAS.EU, a web líder da costa, estaremos atentos a todos acontecementos deportivos para poder darlles a todos vostedes unha crónica de todo canto suceda.

Un saudo a tod@s e vémonos pronto.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.