1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Si de algo servío o grande e histórico logro conseguido polo Club Balonmán Conservas Boya esta tempada, ademáis de situar á nosa vila na élite do balonmán en toda España, foi para recuperar para o noso pobo a tres auténticas estrelas saídas das Escolas Municipais de Balonmán de Camariñas. Así, en nota de prensa recibida nesta redacción pudemos saber que tres dos mellores xogadores que dou este deporte na provincia da Coruña, os Camariñáns Fabián Canosa, Borja Tajes e Cristian Vigo volverán á terra que os víu nacer tanto deportiva como físicamente para xogar co noso equipo Camariñas Conservas Boya neste novo reto que afrontará esta tempada na Primeira División Nacional. Será para camarinas.eu un pracer seguir novamente as andaduras do noso equipo outra vez nun terreo si cabe máis duro e dificultoso comparado cos vividos tempadas atrás. Deste xeito queremos meter tamén o noso graiño de area para conseguir que esta exemplar forma de levar un deporte da man tanto do Concello de Camariñas como da empresa Conservas Boya así como de todos os socios sexa esta tempada como a da consolidación do CB Camariñas coma un equipo de referencia a nivel estatal. Noraboa aos directivos que fixeron posible o retorno destes tres carismáticos xogadores Camariñáns. Noraboa por entender desta forma o deporte camariñán.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.