1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Campaña entrega o trofeo de Campeón de Liga a Alberto, capitán do Panadería de LeónRematou a II liga da Asociacion Lumarea con un sorpresivo aínda que merecido campión coma o equipo de Panaderia de Leon. Presentabase no pasado sabado os catro mellores equipos da liga regular, Frio Industrial Dario, Asociacion lumArea, Hamburgueseria London e o Panaderia de León. Na primeira semifinal enfrontábanse o primeiro clasificado da liga Frio Dario contra os de Panaderia de León que se clasificara in extremis na derradeira xornada de liga. O partido transcurrío igualado ata a segunda metade onde o maior número de efectivos desequilibrou a balanza a favor do equipo de Panaderia de León que se proclamou xustamente finalista. Destacar o impresionante partido realizado polo meta Alvaro "Moro" que parou todo o que lle lanzaron, que non foi pouco.

{xtypo_rounded_right2}CAMPION de LIGA: PANADERIA LEON
SUBCAMPION: HAMBURGUESERIA LONDON
TERCEIRO CLASIFICADO: ASOCIACION LUMAREA DA VILA
CUARTO CLASIFICADO: FRIO INDUSTRIAL DARIO
MILLOR XOGADOR: PACO OREIRO (PANADERIA LEON)
{/xtypo_rounded_right2}

Na segunda semifinal os pupilos da Asociacion Lumarea enfrontaronse ao todopoderoso London de Vimianzo. O partido foi tamen igualadísimo onde na primeira metade rematou en tablas, e foi no principio da segunda metade onde o london se puxo por diante en dúas ocasions. Os rapaces do equipo das lumareas non foron capaces de igualar a contenda, perdendo finalmente por 3 a 2.

Chegábase así á gran final onde partían como claros favoritos os soneiráns da Hamburgueseria London mentras os xaviñáns da Panaderia de León soñaban con dar a sorpresa. O partido foi moi igualado onde apenas existiron ocasións claras de gol. Destacar sólo unha que tivo De la Sierra que errou a portería valeira con apenas un minuto de xogo transcorrido. Polo tanto chegouse ao descanso con empate a cero. Na segunda metade foi onde aparecio o home clave da final: Paco, que nunha falta lonxana conseguio desnivelar o marcador con un zapatazo que se colou na meta dos de Vimianzo. Apartires de ahí todo cambiou. Empezouse a ver un equipo volcado en conseguir o empate e outro que se defendia con orden,e saia o contragolpe coma centellas. E foi asi cando nunha contra conseguiron os da famosa Panaderia de Xaviña o segundo gol que lles dou mais tranquilidade se cabe. Foi a raiz do segundo gol ,que a final xa tiña un gañador claro, porque os do London non eran capaces de batir o gardameta Moro, e chegaron dous goles mais que proclamaron a Panaderia León coma merecedor Campión da Liga da Lumarea por un claro 4 a 0.

Destacar a Paco Oreiro que foi proclamado o mellor xogador do campionato.


{phocagallery view=category|categoryid=676|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.